martes, 17 de marzo de 2015

Crónica da Segunda Xornada da Fase Interzonal de Ascenso a Liga Galega Xuvenil Feminina


ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO

3-0 (25-22/25-18/25-14)

Partido para esquecer o que xogaron as nosas Xuvenís o pasado Sábado no Municipal de San Sadurniño, no que a única nota positiva que se pode sacar é que a pesares do mal resultado colleitado nesta segunda xornada, as do Atlético seguen dependendo de si mesmas para superar esta fase, de cara a última e decisiva xornada que se disputará a vindeira fin de semana en terras Ourensáns.

Comezou o primeiro set, con moito respeto e igualdade entre os dous equipos, con intercambio de puntos e alternancia no marcador por ambas partes, ata que as do Atlético lograron unha leve avantaxe de 3 puntos no tramo medio do set con 13-16 a favor. Ese foi o momento clave do partido, onde as de Boiro deixaron escapar esa situación favorable e concederon un parcial de 8-0 as locais, que se situaron con un 21-16, a pesares de se esgotaren os dous tempos mortos. Unha vez recuperadas de ese baixón, as do Atlético tentaron de reaccionar, pero xa era demasiado tarde, e as de San Sadurniño souberon administrar a renda para cerrar o primeiro set por 25-22.
As Xuvenís nun tempo morto durante o partido
No segundo set, as de Boiro non saíron con bo pe, se cabe aínda un pouco tocadas polo revés sufrido minutos antes, e no comezo cederon un parcial de 07-0 que determinaría o desenlace final do segundo asalto, porque unha vez repostas do baixón inicial, non deron co xogo necesario para acurtar esa distancia, e con un intercambio de puntos, chegouse o final do segundo set coa vitoria local por 25-18, mantendo as de Sansa os sete puntos da avantaxe inicial dos que gozaron.
A medida que avanzaba o partido as do Atlético cada vez sentíanse mais incomodas, e este feito quedou patente no terceiro e definitivo set, mostrando un xogo do peor que teñen feito esta tempada sen dúbida. As de Ferrol Terra non tiveron problemas en cerrar un partido, que a priori esperaban mais complicado dada a derrota que sufrirán a semana anterior en Boiro. Quedando o terceiro set, nun desalentador 25-14.


XOGARON POLO ATLÉTICO BOIRO: CELIA PIÑEIRO (14), CARLA NINE (5), CLAUDIA GÓMEZ (7), SARA LOJO (8), EVA REGADES (18), LARA COSTA (12). Líberos: SANDRA CASTAÑO (6), ESTHER SÁNCHEZ (10). Tamén dispuxeron da súa oportunidade: REBECA RESÚA (9) e SILVIA SUÁREZ (17)


Merecida vitoria para o San Sadurniño, que se cadra, esta produciuse mais pola acumulación de erros das nosas que polo propio acerto das locais. Duro revés nas aspiracións das do Atlético Boiro, que podían ter deixado sentenciado o pase a seguinte ronda, quedando todo pendente para a última xornada en Ourense, na que calquera dos tres equipos pode pasar ou quedar eliminado.

xoves, 12 de marzo de 2015

HORARIOS PARA A SEGUNDA XORNADA DA FASE INTER ZONAL DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL



Esta fin de semana as nosas Xuvenís tocalle madrugar para desprazarse a Comarca de Ferrol para a disputa do segundo partido correspondente a a Promoción de ascenso a Liga Galega contra o ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO. Partido que podería asegurar o primeiro posto da Liguilla en caso de ser gañado.


SABADO 14 as 10:00 h. (MUNICIPAL DE SAN SANDURNIÑO)

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO - CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO 



Moita sorte as nosas Xuvenís, que continúen con esa boa racha 

martes, 10 de marzo de 2015

Resultados da primeira xornada da Fase Interzonal de Ascenso a Liga Galega Xuvenil

Chegou o momento da verdade para as Xuvenís coa Fase Interzonal que decidirá que equipos pelexarán contra os últimos clasificados da Liga Galega por unha praza para a vindeira tempada entre os mellores equipos Galegos, e non puideron comezar de mellor maneira con dúas vitorias en dous partidos. Un que se disputou na xornada da mañá ante o San Sadurniño, que se proclamaran recentemente campionas do Grupo A, no que as nosas quedaran na cuarta posición. E a outra contra as segundas clasificadas dos Grupo B o Concepción Arenal Burgas Voleibol.
Estas dúas vitorias deixan as nosas en unha posición inmellorable para pasar de fase e intentar a conquista de unha praza na Liga Galega, empresa que non vai ser doada xa que este ano, estará mais caro ca nunca o poder acadala dada a igualdade existente entre os equipos Zonais e o  bo nivel que ten a Liga Galega.

Club voleibol Atlético Boiro 3 - 2 Aldebarán San Sadurniño
(25-12/16-25/25-13/21-25/15-09)
Comezaban as nosas esta fase na mañá do Sábado cun partido complicado contra o San Sadurniño, que as de Ferrol Terra lles custou entrar nel, cometendo numerosas imprecisións en recepción e ataque no primeiro set.  Pola contra as nosas mostraban un xogo serio e sen fisuras, esta circunstancia propiciou que se abrira unha fenda considerable no marcador a prol das de Boiro, que lles permitiu asinar o primeiro asalto sen problemas por 25-12.
No segundo as de San Sadurniño axustaron a maquinaria e mostraron xa unha mellor versión de si mesmas, reduciron considerablemente os erros e amosaban os dentes con boas xogadas de ataque. Esta vez a fenda no marcador producíase para as visitantes, e os erros eran cometidos polas nosas, chegando as de San Sadurniño os últimos puntos con moita vantaxe e empatando o partido a un co 16-25 final.
O equipo xuvenil posando como equipo
Con un reaxuste táctico para intentar contrarrestar os ataques visitantes, comezaba o terceiro set no que as nosas recuperaban sensacións similares o primeiro set, e tras un inicio de parcial bastante disputado, as nosas lograrían distanciarse no tramo medio, grazas a unha notable defensa apoiadas por un saque eficiente que as visitantes tiñan problemas para poder recibir en boas condicións. As de Boiro tomaban vantaxe no tramo medio, de xeito definitivo ata o 25-13 que adiantaba novamente as do Atlético no partido.
Pero as de Ferrol Terra aínda non dixeran a súa ultima palabra neste partido, comezaron o cuarto set con lixeira desvantaxe no marcador, pero mantivéronse firmes e con un 16-13 a favor das locais, lograron darlle a volta e situarse 16-21 con un parcial de 8-0 aproveitando un baixón das nosas en recepción xunto a unha boa defensa por parte de elas. Finalmente un tímido intento de reacción por parte das nosas, levaría a un intercambio de puntos que situaría o 21-25 que forzaba o 5º set de desempate.
Un desempate no que as de San Sadurniño renunciaron o ataque e agarráronse a posibilidade da defensa esperando o fallo das de Boiro, pero con unha boa mentalidade dende o principio as do Atlético case non cometían erros, iso propiciou que se viran puntos moi longos e disputados que caian a favor das locais grazas a que propoñían mais en ataque que as visitantes. Despois da igualdade nos primeiros puntos, con cambio de campo 8-6 a favor das do Atlético, as nosas tomarían vantaxe con un inmellorable 11-06 que non desaproveitarían e con un intercambio de puntos por ambos lados, as nosas cerrarían un importante e disputado partido por 15-09.


Xogaron polo Atlético Boiro: Celia Piñeiro , Carla Nine, Lara Costa, Rebeca Resúa, Eva Regades, Sara Lojo. Líberos: Sandra Castaño e Minerva Vázquez. Tamén dispuxeron dos seus momentos: Ángela Alves e Claudia Gómez.

Club Voleibol Atlético Boiro 3 - 0 Concepción Arenal Burgas Voleibol
(25-08/25-20/25-15)
Presentábase en Boiro o equipo Ourensan para a disputa no segundo partido da Fase Interzonal. Un equipo que na tempada pasada lograra eliminar as nosas nesta mesma fase, pero esta vez as nosas tiveron ocasión de resarcirse daquela derrota.
As xogadoras loitando na defensa
Non foi un bo partido por parte das do Atlético, pero lograron sacalo adiante sen problemas grazas o acerto en saque, e un mellor oficio no xogo. O primeiro set comezou de xeito estraño, con unha vantaxe de 07-0 a favor das do Atlético, que se vería neutralizada polas Ourensáns por 7-8 a causa de erros inexplicables por parte das nosas, tras un tempo morto solicitado polo adestrador local, as de Boiro retomarían os folgos, e infrinxiulles as visitantes un terrible parcial de 18-0 debido a incapacidade que mostraron para recibir os saques de Rebeca Resúa, que as imposibilitaba para realizaren ataques de xeito óptimo e levabas a cometer numerosos erros en ataque ou no mellor dos casos enviar bolas fáciles as locais ocasionando situacións claras de contraataque que as nosas non desaproveitaban, ata chegar a un claro 25-08.
O segundo set as visitantes comezarían mais combativas, e con boa defensa e algo mais de ataque mantíñanse a tiro de pedra das do Atlético ata o tramo medio no que as nosas encadearon unha serie de erros en ataque e defensa unido a que as Ourensáns estaban mais acertadas, serviulles para distanciarse en catro puntos con 16-20 que acendía as alarmas nas locais e parecía que o set ia caer do lado das Ourensáns, pero as nosas reaccionaron, lograron mellorar xusto a tempo e darlle a volta a situación co 25-20 que situaba o 2-0 no partido.
O terceiro set desenvolveuse de xeito plácido para as nosas, distanciándose dende o inicio, unha tímida reacción por parte das visitantes no tramo medio, logrou acurtar distancias levemente pero non foi suficiente e as do Atlético asinaban a súa segunda vitoria desta Fase co 25-15 do terceiro set, situaba o 3-0 definitivo.
Xogaron polo Atlético Boiro: Celia Piñeiro, Carla Nine, Lara Costa, Rebeca Resúa, Ángela Alves, Sara Lojo. Líbero: Sandra Castaño. Tamen xogaron: Eva Regades, Minerva Vazquez e Claudia Gómez.

Para a vindeira semana as Xuvenís visitan a cancha do ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO, no terceiro partido correspondente a Fase Interzonal, o Sábado 14 de Marzo as 11:00 h. No Municipal de San Sadurniño partido que pode ser clave, xa que no caso de ser acadado aseguraría o primeiro posto as nosas, e evitaría o enfrontamento coas Novenas clasificadas da Liga Galega, a priori o equipo mais difícil que podería tocar de cara o ascenso.
Podes premer nesta ligazón para ver como queda a Fase Interzonal despois da primeira xornada. http://www.fgvb.es/competiciones.asp?v=18&torneo=1380



venres, 6 de marzo de 2015

HORARIOS PARA A PRIMEIRA XORNADA DA FASE INTERZONAL DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL


Esta fin de semana o P.M. BARRAÑA será a sede da primeira xornada da promoción de ascenso a Liga Galega. O noso equipo Xuvenil disputará dous partidos importantes, un en horario de mañá e outro pola tarde, para tratar de empezar con bo pe esta liguilla.

SABADO 07 as 11:00 h. (P.M. BARRAÑA)

CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO


SABADO 07 as 17:00 h. (P.M. BARRAÑA)

CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – CONCEPCIÓN ARENAL BURGAS VOLEIBOL



Moita sorte as nosas Xuvenís para poder acadar o pase de esta fase

venres, 20 de febreiro de 2015

Horarios desta xornada

Esta fin de semana no Pabellón Municipal de Barraña os nosos equipos, senior e cadete, disputarán os seus respectivos partidos de liga nos seguintes horarios:

Equipo cadete feminino na liga zonal cadete:
Club Voleibol Atlético Boiro - Zalaeta A
ás 17:00

Equipo senior feminino na segunda autonómica B:
Club Voleibol Atlético Boiro - Calasancias Coruña
ás 18:30

Este fin de semana as xuvenís descansan.

Moitísima sorte rapazas!

luns, 9 de febreiro de 2015

SEGUNDA DIVISIÓN B XORNADA 12 DOMINGO 08.02.2015

Black Voley Vigo - Club Voleibol Atlético Boiro: 3-2
(25-15/15-25/25-12/19-25/15-13)


Na mañá do Domingo, presentábase o equipo Sénior na Cidade de Vigo, despois de un contratempo importarte como foi o pinchar a roda da Furgoneta do Club, que fixo retrasar considerablemente a expedición. Ata o punto que se chegou na hora límite para comezar o encontro, e sen tempo de quecemento para as nosas deu comenzo o partido.
Un primeiro set no que acusarían esa falta de quecemento as de Boiro, e tras uns primeiros puntos de tanteo, as de Vigo marchábanse de xeito claro no marcador ata o 25-15.
No segundo set, unha vez asentadas as xogadoras comezaron a ofrecer mellor xogo, froito de unha boa defensa, e apoiadas por un saque bastante eficiente, lograron distanciarse no marcador de xeito amplo, ata un contundente 10-20, despois de iso, un intercambio de puntos levou ata o 15-25 que situaba a igualdade a un no luminoso.
As Sénior pagan cara a súa irregularidade
Mais no terceiro set, as do Atlético volveron a pecar de irregularidade, despois de ter ofrecido a súa mellor cara no anterior para volver a mostrar o malo no terceiro set. O Black Voley foise distanciando dende o principio, a causa de un repertorio amplo de erros por parte das nosas, sobre todo en ataque e saque, que abriu unha brecha no marcador ata o 25-12.
O cuarto set comezou do mesmo xeito que o terceiro, as do Atlético acumulando fallos e as locais distanciándose no marcador, pero a partires do ecuador do parcial, as nosas melloraron, e lograron situarse por diante, ata o 19-25 que forzaba o desempate.
No tie-break comezou con avantaxes  mínimas a favor das do Atlético, índose o cambio de campo con un 7-8 para as de Boiro, despois aumentarían a súa vantaxe ata un esperanzador 08-11 que facía que as nosas acariciaran a vitoria, pero foi xusto nese momento, que os nervios fixeron acto de presenza, as locais con mais loita que xogo lograron darlle volta a situación e con un parcial de 6-0 se poñían en disposición de pechar o encontro con 14-11, foi na segunda oportunidade cando acadarían a vitoria pola mínima por 15-13 a causa de un saque fallado polas nosas.
O contratempo sufrido na viaxe, si ben é un hándicap en contra, non pode ser a escusa da derrota, xa que o equipo Sénior está acusando durante esta tempada, de moita irregularidade, combinan momentos de moi bo xogo con outros de malo. E esa irregularidade, que en gran parte vai ligada a confianza que teñen, fainas caer en moitas ocasións. Esta tempada mellorouse con respecto a anterior, acadáronse vitorias, pero inda lle queda moito camiño que  andar o equipo mais novo da categoría, xa que a media de idade das xogadoras non chega os 18 anos, o que fai presaxiar un futuro moito mellor, se segue o traballo nesta liña e con un bo nivel de compromiso como se está tendo ata o momento.

XOGARON: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, CLAUDIA GÓMEZ, REBECA RESÚA, LIDIA PEREIRAS, MARIA PEREZ. Libero. ESTHER SANCHEZ. Tamén xogaron: ROCIO POUSO, BEGOÑA TREUS, LARA COSTA, SARA LOJO e EVA REGADES.


O seguinte partido será o Sábado 14 de Febreiro no P.M. BARRAÑA as 17:00 Horas contra o ZONA LIBRE VOLEIBOL de Sarria. Partido correspondente a Xornada 08, aprazado no seu día por petición das Lucenses.

venres, 6 de febreiro de 2015

XORNADA Nº12 O DOMINGO 08.02.2015


Esta fin de semana, as Sénior desprázanse a Vigo para medirse o Black Voley Vigo. No único partido que teñen os nosos equipos para esta xornada, xa que o encontro que tiñan que xogar as Cadetes foi aprazado para a vindeira xornada, e as Xuvenís teñen xornada de descanso.

DOMINGO 08 AS 12:30 NO P.M. DAS TRAVESAS (PISTA VERMELLA)


BLACK VOLEY VIGO – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO

¡¡Boa viaxe e moita sorte!!