martes, 22 de outubro de 2013

Presentación de equipos do noso clube

Na tarde do sábado, día 19 de outubro, levouse a cabo a presentación dos nosos tres equipos femininos, que van competir esta temporada 2013- 2014, no pabellón municipal de Barraña.

INFANTIL FEMININO:
En primeiro lugar mencionar as máis novas, unha das novidades do clube, o equipo infantil feminino no que as nosas rapazas empezan a súa andadura no mundo do voleibol con moita ilusión e moitas ganas. Os obxetivos que ten o clube para este equipo son a iniciación en competición, xa ben sexa en deporte escolar ou ben na liga zonal infantil; e intentar formar un grupo estable que vaia pasando por tódalas categorías ata chegar a senior.
As compoñentes deste equipo son: Miranda carou, Paula Caamaño, Naiara Suárez, Nerea Fuentes, Ana Piñeiro, Laura Rodríguez, Nerea Silva, Ainhoa Santos e Miriam Silva, que serán adestradas por Patricia Rodríguez.

XUVENIL FEMININO:
Outra das novidades do noso clube é o equipo xuvenil feminino formado maioritariamente polo equipo cadete da temporada pasada unido a algunha incorporación. Neste equipo contamos con un plantel de 12 xogadoras co obxetivo de seguiren formandose e intentar competir con outros equipos. Este grupo conta cun gran potencial, en teoría, que terá que ser desarrollado a base de adestramentos e tempo.
As compoñentes deste equipo son: Sandra Castaño, Rebeca Resúa, Lara Costa, Paola Joaquim, Sara Lojo, Ángela Alves, Noelia Mariño, Lara Gómez, Carmen Gey, Celia Piñeiro, Mayra Resúa e Carla Nine, que serán adestradas por Juan Resúa.

SENIOR FEMININO:

Este ano o equipo senior está renovado xa que solamente mantén a tres xogadoras da temporada pasada, tratase de un plantel moi xovén formado por xogadoras de primeiro e segundo ano de senior, reforzado polo equipo xuvenil; probablemente se trate do equipo máis xoven da categoría. Os obxectivos para este equipo son competir na Segunda División B da forma máis digna posible e que sirva de aprendizaxe e rodaxe as xogadoras en idade xuvenil que reforzarán este equipo.
As compoñentes deste equipo son: Andrea Baña, Rosana Ramos, Patricia Rodríguez, Lidia Pereiras e María Pérez coas xuvenís: Paola Joaquim, Sara Lojo, Ángela Alves, Celia Piñeiro, Carla Nine e Lara Costa; que serán adestradas tamén por Juan Resúa.
Causan baixa de última hora neste equipo por motivos de estudio: Rocío Pouso e Ángela Fernández.

MOITÍSIMA SORTE RAPAZAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario