martes, 19 de novembro de 2013

Crónicas da última fin de semana

Partido xuvenil feminino

Mexillon de Ouro Vb. Rianxo - Voleibol Atlético Boiro 3-1 (25-17/25-14/17-25/25-17)

O partido caracterizouse por un comezo de tódolos parciais moi igualado en xogo e no tanteador, ata o tramo medio do mesmo no que as nosas, debido probablemente a falta de confianza, cometeron numerosos erros en recepción, sen que o saque contrario fose moi esixente, feito que lles impedia o poder construír xogadas de xeito óptimo, eso levaba a un distanciamento das Rianxeiras nos tramos finais do mesmo, caendo a favor do equipo local os dous primeiros 25-17 e 25-14. No terceiro parcial, tras un mal comenzo do mesmo, chegou una reacción no xogo unido a inspiración dende a liña do saque, facendo neutralizar con facilidade a ventaxa inicial do equipo local no tramo medio do set e caendo puntos o noso favor con moita facilidade ata chegar o 17-25. No cuarto set, un mal comezo do mesmo por parte das nosas con un parcial de 1 a 9 condenou o equipo cara a derrota final de 25-17
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, Rebeca Resúa, Paola Joaquín, Lara Costa, Mayra Resúa. Líberos : Noelia Mariño e Sandra Castaño. Tamén tiveron a sua oportunidade: Sara Lojo, Angela Alves, Carmen Gey e Lara Gómez.




Partido senior

CALASANCIAS CORUÑA B - Voleibol Atlético Boiro 3-0 (25-12/25-08/25-08)


Contundente derrota a inflixida polo equipo Coruñes, que fixo valer a sua veteranía e mellor condición técnica para imponerse a un equipo moi xoven e falto de experiencia. O primeiro set comezou con igualdade no tanteador ata o punto 10 no que as Coruñesas encenderon motores para despegarse no tanteador mediante un saque que as nosas xogadoras eran incapaces de recibir en boas condicións, e un xogo práctico e efectivo o cal as nosas rapazas non eran quen de constestar. O resto do partido desembolveuse da mesma maneira no resto dos parciais, fácil victoria para o equipo Herculino no que non tiveron resistencia e puideron xogar a placer. Queda moito que traballar con este grupo senior que se caracteriza por unha elevada dosis de xuventude que o fai ser con diferencia o equipo mais novo da categoría, pero as prespectivas de futuro son inmellorables xa que hai un gran compromiso e gañas de aprender, so queda traballo, traballo e mais traballo. O TEMPO ESTÁ O NOSO FAVOR.

Xogaron: Rosana Ramos, María Pérez, Andrea Baña, Lidia Pereiras e Ángela Fernández; e as xuvenís: Ángela Alves, Sara Lojo, Rebeca Resúa, Celia Piñeiro, Lara Costa, Carla Nine e Paola Joaquín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario