martes, 12 de novembro de 2013

OS NERVIOS DO COMEZO CONDUCIRON AS NOSAS AO ERROR

Liga zona Xuvenil feminina
Club Voleibol Atlético Boiro 0 – 3 IES de Ames A
(17-25, 19-25, 21-25)

As nosas xuvenís comezaron con mellor pé que o equipo senior, xa que tuveron unha constancia maior e non sufriron tantos altibaixos na recepción co que conseguiron alcanzar un resultado máis constante no que foron progresando a medida que avanzou o partido. O que se presencia como un bo comezo, a pesar dos erros, e se espera que o equipo alcance ainda mellores resultados a medida que se vaian sucedendo os partidos.
Xogaron: Rebeca Resúa, Lara Costa, Paola Joaquin, Sara Lojo, Sandra Castaño, Ángela Alves, Noelia Mariño, Lara Gómez, Carmen Gey, Celia Piñeiro, Mayra Resúa e Carla Nine.
Adestrador: Juan Resúa.


Segunda autonómica B feminina:
Club Voleibol Atlético Boiro 0 – 3 AD Xiria Asesoría Cervantes
 (12-25, 15-25, 26-28)

As xogadoras de 2º B comezaron a nova liga cunha das peores noticias posibles, a lesión no primeiro set da recén recuperada colocadora Patricia Rodríguez, a que desexamos a mellor e máis rápida recuperación posible. Os nervios e indecisión conduciron ao equipo a errar a hora de xogar, o que desencadenou en 2 sets a favor do equipo visitante pola frioleira de 12-25 e 15-25. No terceiro set, as nosas rapazas cambiaron a mentalidade e adquiriron unha constancia moito maior coa que chegaron a estar alguna vez por encima no marcador, mais o set acabou cun resultado favorecedor para o equipo visitante por tan so 2 puntos de diferencia.
Xogaron: Patricia Rodríguez, María Pérez, Andrea Baña, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández, Carla Nine, Paola Alves, Sara Lojo, Ángela Alves, Celia Piñeiro e Rebeca Resúa.
Adestrador: Juan Resúa.

2 comentarios:

  1. Moi mala sorte a lesión de Patri. Cando xa parecía esquecida a sua operación de rodilla, todo marchaba con normalidade e xa tiña ritmo nos adestramentos, volveulle a fallar. Esperemos que de esta non teña para tanto tempo e poida volver canto antes. Unha verdadeira pena.
    Como nota positiva gustaríame resaltar o terceiro set que fixeron as Senior, que a pesares do pau psicoloxico que lles produceu a todas a lesión de Patri, e o traspé que suponía o non poder contar con ela, o último set disputaronllo o Xiria e tiveron duas oportunidades para acadalo, pero non puido ser.
    As xuvenis traicionaronlle os nervios e fixo que xogaran moi por debaixo do seu nivel ante un equipo que para nada era superior. Hai que seguir traballando... Esta temporada o nivel de compromiso de todalas xogadoras e EXEPCIONAL, e con traballo e tempo os resultados e a sorte acabaran aparecendo.
    RECUPERATE PRONTO PATRI!!!

    ResponderEliminar
  2. É certo que a sorte non está da nosa parte dende que empezamos, pero hai unha frase que di que si vale a pena non será fácil e por como están acontecendo as cousas teño a certeza de que esto ten que ser boísimo; aínda que é certo que sería moito mellor que non tuvesemos que vernolas con noticias tan malas como a de Patri, a que lle desexo a mellor das recuperacións.
    Sei que se presenta unha dura temporada por diante pero xa tuvemos que vernolas con situacións peores e teño a certeza de que todo irá progresando se poñemos todas un pouco da nosa parte. Este ano xa estamos un paso máis cara adiante e a pesar de sermos un equipo novato daremos que falar polo xogo!

    ResponderEliminar