domingo, 24 de novembro de 2013

Resultados desta xornada

Equipo xuvenil feminino na liga zonal:

Voleibol Atlético Boiro - IES de Ames B 3-0 (25-15/25-19/25-17)

Ángela Alves ao saque
Victoria comoda das xuvenis, ante un rival que esta vez lle tocou asumir o rol de equipo debutante, cometendo numerosas imprecisións e gran número de erros non forzados que facia que as nosas navegaran plácidamente cara a primeira victoria da temporada.
O primeiro set comenzou con amplias ventaxas locais gracias a efectividade do saque, destacando nesta faceta Ángela Alves, que disfrutou de varias rachas o longo do partido, esto unido a que se xogaba con certa orde ocasionou unha renta de 18-06 momento que aprobeitou o adestrador local para facer varios cambios. As Santiaguesas tentaron reaccionar, pero xa era demasiada renta.
No segundo set as nosas xogadoras baixaron a intensidade no xogo, debido provablemente a un esceso de confianza, que as levou a cometer numerosas imprecisions no xogo e sumos fallos no servicio, iso propiciou que se igualase o marcador ata o tramo final do mesmo, cando unha racha de saques propiciou o distanciamento final.
No terceiro mellorououse lixeiramente o xogo, volveuse a disfrutar de amplias rendas, e as Santiaguesas entregaron a culler.
xogaron: Celia Piñeiro, Sara Lojo, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Ángela Alves, Paola Joaquim e como libero Noelia Mariño. Tamén xogaron Lara Costa, Carmen Gey, Lara Gómez e Esther Sánchez.


Equipo senior feminino na segunda división autonómica:

Voleibol Atlético Boiro - C.V. Santiago 0-3.  (11-25/09-25/19-25)

Lidia Pereiras e Ángela Fernández no bloqueo
Lidia Pereiras e Ángela Fernández no bloqueo
Tal e como reflexan os parciais, foi un partido sen moita historia, no que o equipo local saeu carente de motivación e ningún espírito de loita, unido a falta de confianza de moitas de elas, levabas a cometer numerosas imprecisions e erros non forzados, sen que o equipo visitante tivese que espor demasiado. No terceiro set houbo unha tímida reacción que fixo que se igualara o xogo por momentos, pero no tramo final, a falta de confianza levounas de novo o erro.
Máis que unha cuestión de técnica ou táctica trátaSe de actitude e confianza. HAI QUE SEGUIR TRABALLANDO e incidir nese aspecto.
Xogaron: Celia Piñeiro, Sara Lojo, María Pérez, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández e como líbero Ángela Alves. Tamén xogaron: Lara Costa, Rebeca Resúa, Paola Joaquim e Andrea Baña.

2 comentarios:

  1. Ante todo dar a noraboa ao equipo xuvenil pola súa primeira victoria, tras este novo paso cara diante o resto xa está máis cerca e espero que non baixedes dese nivel en ningún momento.
    Por outra parte quero resaltar que a actitude hai que tela sempre e non nos podemos vir abaixo ou deixar que as nosas compañeiras o fagan xa que eso é o que nos está condenando, e podendo rozar a victoria estamos regalando os puntos aos contrarios e perdendo pola frioleira de 9-25 cando podríamos lograr máis, e de sobra o sabedes todas

    ResponderEliminar
  2. Queda moito que traballar, se bEn as xuvenís gaňaron, o xogo tampouco foi brillante. As senior a verdade e que nin empezaron a xogar. A primeira premisa para poder competir è creer en un mesmo, e nas túas posibilidades, e despois poňer todo o teu empeňo en intentar levalo a cabo. Pero iso non foi o que aconteceu hoxe. Volvo a repetir o que dixen hoxe: Somos o equipo máis xoven da competición. O TEMPO ESTÁ DA NOSA PARTE. NI UN PASO ATRÁS... E como di o camiňante: " Chegar chegarei, non sei cando pero seguro que chegarei"

    ResponderEliminar