luns, 2 de decembro de 2013

Crónicas da última xornada

Equipo senior feminino na Segunda división B autonómica:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 Zona Libre Voleibol Sarria
(16-25 / 18-25 / 13-25)
Nervios, falta de confianza e carencia de entusiasmo foi o que lle sentenciou ao noso equipo senior está xornada. As nosas xogadoras non chegan a confiar a hora do xogo e por ese motivo non se alcanzan mellores resultados.
Sara Lojo no ataque
O partido comezou moi floxo dandolle puntos moi sinxelos ao equipo visitante, a penas se era capaz de elaborar xogadas de ataque e o error a hora do saque non axudou ao marcador, mais chegouse a alcanzar o 16-25. O segundo set ainda comezou con peores resultados, o equipo zona libre levaba o set por unha diferencia de 10 puntos e as nosas só conseguiron subir un pouco ca chegada ao saque da central Ángela Fernández pero xa foi demasiado tarde e o set foise para o equipo visitante. Por último, o derradeiro set terminou cun 13-25 exemplo do cumulo de errores e falta de confianza que tiveron as nosas rapazas.
Xogaron: Celia Piñeiro, Sara Lojo, María Pérez, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández e como líbero Ángela Alves. Tamén xogaron: Lara Costa, Rebeca Resúa, Paola Joaquim e Andrea Baña.

Equipo xuvenil feminino na Liga Zonal Xuvenil:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 CV Pontevedra B
(23-25 / 25-27 / 13-25)
Rebeca Resúa no saque
O set comezou para as nosas cunha clara e motivadora ventaxa a hora do xogo, chegando a case tódolos balóns e sen desperdiciar as oportunidades de xogar, o que daba a presenciar que o set iva a quedar para o equipo local, máis unha racha negativa en recepción fixo que lles entrasen dúbidas, e a duda generoulles falta de confianza que lles fixo baixar considerablemente  nivel de xogo que estaban facendo ata o momento, eso fixo que as rivais se viñesen arriba no tanteador e máis no seu xogo que ata o momento estaba a nosa merced; desta forma o equipo visitante rematou levando o set pola mínima. O seguinte set comezou coa decepción tras o resultado anterior e os puntos sumáronse con facilidade para o equipo visitante, mais  contra o tramo final empezou a poñerse xusto o marcador con Rebeca Resúa ao saque, ata se chegou a alcanzar o 25-24 para as nosas mais a diferencia de dous puntos acabaría sendo a favor do CV Pontevedra B. O último set acabou no marcador visitante por unha gran ventaxa a que as nosas parecía que non eran capaces de facer frente.
Xogaron: Celia Piñeiro, Lara Costa, Rebeca Resúa, Mayra Resúa, Ángela Alves, Paola Joaquim e como líbero Noelia Mariño. Tamén xogaron: Sara Lojo, Carmen Gey, Lara Gómez, Silvia Suárez e Esther Sánchez.


Equipo infantil feminino nun amistoso o domingo:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo
As máis pequenas reunidas
coa adestradora Patricia Rodríguez
Na mañan do Domingo as xogadoras do equipo Infantil puideron disfrutar dos seus primeiros minutos en un partido de Voleibol de carácter amigable que se celebrou no pabellón de Barraña, Contra un equipo mais experimentado como o cv Rianxo.
Foi un partido típico da sua categoría no que o acerto e o erro do servicio marcaban o ritmo do partido por encima do xogo. Un partido que sirveu como iniciación a este deporte de unha nova xeración de xogadoras que esperemos se adapten nun futuro as esixencias da competición e poidan competir co paso do tempo en todalas categorías ata senior.


Ningún comentario:

Publicar un comentario