martes, 17 de decembro de 2013

Crónicas da última xornada

Equipo senior feminino en Segunda B Autonómica:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 Narón Volea 
(11-25/15-25/17-25)
As rapazas en saúdo
O partido caracterizouse pola incapacidade das nosas xogadoras de recibir os servicios das contrarias, que a vez mostrabanse moito mais vivas en defensa e con gran acerto en ataque, froito da motivación que lles ocasionaba o ter un rival  que apenas pelexaba debido a sua falta de seguridade en si mesmas que as leva a xogar en moitos casos moi por debaixo das suas posibilidades. Causaron baixa as senior María Perez por lesión e Andrea Baña debido a un contratempo de última hora. O que fixo que o adestrador local tivese que contar con un equipo maioritariamente Xuvenil para afrontar o encontro. Victoria merecida do Narón que en ningún momento veu perigrar o marcador.
Xogaron polo Atlético Boiro: Celia Piñeiro, Sara Lojo, Mayra Resúa, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández. Líbero ángela Alves. Tamén xogaron: Rebeca Resúa e Lara Costa.

Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 Narón Volea
 (12-25/22-25/25-27)
Derrota que pon mais o descuberto a principal carencia do equipo Xuvenil Feminino, que non é outra que a falta de confianza en si mesmas que as leva en moitas ocasións a estados de ansiedade que as fai rendir moi por debaixo das suas posibilidades, facilitandolles a labor o equipo contrario e as leva a perder contra equipos que non se mostran superiores pero si con unha maior motivación e seguridade en si mesmas.
Rebeca Resúa colocando
O primeiro parcial comenzaron as nosas xogadoras con moitos nervios que as facían incapaces de recibir un servicio con garantías para a construcción de xogadas, ata que se chegou a un 1-10 para as visitantes. Unha vez sacudidos os nervios iniciais o equipo empezou a xogar pero xa era demasiado tarde, o equipo visitante gozaba co regalo de benvida que lles deron as nosas e xogaban a pracer ata pecharen o parcial sen atrancos.
No segundo set o equipo local comenzou a mostrar signos de mellora, mellorando en recepción, realizando xogadas e con un servicio algo mais atinado. Deu lugar a que o marcador marchase igualado ata o tramo final con empate a 20 puntos, cando lles entraron as dudas as nosas xogadoras e deixaban escapar un set que ben podían ter gañado, o medo paralizabas e mostrabanse moi estáticas errando en accións ben fáciles de defender.
O terceiro set comenzou con incluso mellor xogo que o segundo, coas nosas xogadoras desplegando un xogo mais alegre, con rachas positivas de saque producidas por  Angela Alves e Rebeca Resúa, que as facía ir mandando no marcador con rendas de 2 a 4 puntos, momento no que se chegou ata un 22-19 e posteriormente 23-21 que parecía que o set ia a caer no peto local pero novamente e como se tratase de unha película da saga de “Destino Final” volveu a suceder, cando o equipo estaba a xogar mellor e xa tiña as rivais contra as cordas, comenzaron o carrusel de fallos tontos que lle deu vida o equipo visitante e ante a incapacidade das locais de cerrar un parcial que xa tiñan gañado, as xogadoras de Narón non desaprobeitaron a sua ocasión e cerraron o partido ante a ledicia do seu adestrador, un tanto efusivo.
Xogaron: Celia Piñeiro, Angela Alves, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Lara Costa, Sara Lojo. Líberos: Noelia Mariño e Sandra Castaño. Agardaban no banco a sua oportunidade: Carmen Gey e Silvia Suárez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario