Equipo xuvenil
feminino na liga zonal xuvenil:
Voleibol Maniotas 1 - 3 Voleibol Atlético Boiro
(21-25/25-13/21-25/18-25)
Segunda victoria da
tempada do equipo xuvenil, ante un equipo animoso como o de Cangas pero moi
erráticas nas suas accions, pola contra as nosas mostrabanse algo mais seguras
no seu xogo, pero non de xeito brillante, a pesares de eso foi suficiente para
distanciarense no marcador de xeito definitivo, solo un exceso de relaxación no
tramo final, unido a cambios para darlle oportunidade a outras xogadoras fixo
que as xogadoras locais recortaran distancias pero sen chegar a perigrar o set.
Ángela Alves, Sandra Castaño e Lara Costa na recepción |
Mais no segundo set
as nosas xogadoras saíron excesivamente relaxadas e con unha alarmante falta de
motivación que as facía cometer moitas imprecisións en todolos aspectos, se
cabe máis alarmante foi o apartado de saques, no que se erraron unha basta
cantidade deles, incluso case unha rotación completa (5 de 6 xogadoras fallaron
o seu saque de xeito consecutivo) todo un despropósito que ocasionou un 25-13
merecido.
Tras o cambio
de set as cousas cambiaron e ca volta do sexteto inicial o xogo volveu a
mellorar, pero esta vez con un rival mais combativo, gracias en gran parte os
folgos que tomaron pola victoria do anterior parcial. Igualouse o xogo ata o
tramo final, no que as nosas xogadoras tiveron un gran acerto no apartado dos
saques que as levou ata o 21-25
No cuarto set
comenzaron a xogar con mais confianza as Boirenses, e empezaron a soltarse mais
no xogo, o mesmo tempo as xogadoras locais viñeronse abaixo e entregaronse,
para distanciarense as nosas ampliamente e aproveitar o adestrador para facer
trocos. No tramo final as locais tentaron de reaccionar e recortaron distancias,
pero xa era demasiado tarde para elas e non puideron evitar a segunda victoria
da tempada para as nosas 1-3 a primeira a domicilio.
Xogaron: Celia
Piñeiro, Sara Lojo, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Angela Alves, Paola Joaquin,
Líberos: Noelia Mariño e Sandra Castaño. Tamén tiveron a sua oportunidade
Carmen Gey, Lara Costa, Esther Sánchez e Lara Gomez.
Equipo senior
feminino na Segunda B autonómica:
Emeve
Elide C 3 - 0 Voleivol Atlético Boiro
(25-14/
25-23/25-14)
Mal partido o
xogado na mañá do Sabado en Lugo no que principalmente os erros en recepción
unido a numerosos erros non forzados ocasionaron unha derrota incuestionable
que sufriron as nosas xogadoras fronte un equipo, o Emeve que se mostraron máis
acertadas en saque e ataque.
O primeiro set
comenzou con xogo igualado ata o tramo medio, donde as nosas empezaron a
flaquear na recepción mentres que o equipo local arriscaban en ataque e
mostrabanse moi acertadas ata un 25-14 merecido.
María Pérez, Lara Costa e Rebeca Resúa esperando o saque |
No segundo set as
Boirenses sairon centradas e ofrecendo unha boa versión de si mesmas con un
xogo bastante serio, dando lugar a rentas de 4 e 5 puntos, chegando ata
un 18-22 que parecía definitivo, pero outra vez mais volveu a suceder,
cando tiñan o set casi no peto entraronlle as dudas as nosas xogadoras e
comenzaron a errar en recepción, sen poderen construir xogadas e acabaron
entregando un set que tiñan ganado.
O terceiro set foi
un trámite, as Luguesas distanciaronse dende o principio e non deron opción.
Unha vez sen posibilidades con un marcador moi abultado, o adestrador Boirense
aprobeitou para facer probaturas pensando xa en outros compromisos ata chegar o
25-14 final.
Xogaron: Celia
Piñeiro, Sara Lojo, María Pérez, Rosana Ramos, Lidia pereiras, Paola Joaquin.
Líbero: Angela Alves. Tamén xogaron: Angela Fernández, Lara Costa e Rebeca
Resúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario