luns, 23 de decembro de 2013

Resultados desta fin de semana

Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
Xuvenil de Teis B 1 - 3 Voleibol Atlético Boiro
(25-17/23-25/24-26/23-25)

Victoria moi pelexada a domicilio do equipo xuvenil, no que a igualdade foi a tónica predominante no encontro.
No primeiro set a igualdade era máxima, con intercambios de puntos por ambas partes e alternancia no marcador, ata que se chegou o punto 16 con empate, foi cando as nosas xogadoras entraron nun bache de xogo que persistiría ata o final do parcial 25-17.
O segundo set comenzou do mesmo xeito que o primeiro, con igualdade no marcador ata o tramo medio no que novamente as nosas xogadoras volveronlle a traicionar os nervios, feito que fixo que o equipo local collera ventaxa ata un 21-17 que facía presaxiar o 2-0 e que novamente se ía a perder outro parcial por culpa dos nervios, pero tras un tempo morto as xuvenís saíron decididas a espantar as súas dúbidas e a loitar contra o seu propio medo, subiron a intensidade defensiva e apoiadas polo saque de Rebeca Resúa, lograron igualar a 21, a partires de ahí produceuse un intercambio de puntos no que as nosas xogadoras saíron favorecidas no 23-25 final.
Ángela Alves e Carmen Gey
preparandose para o bloqueo
No terceiro set as nosas xogadoras tomában vantaxe dende o principio gracias os folgos que lles dera a victoria do anterior parcial, esa ventaxa chegou a súa máxima con un 12-17 a favor das Boirenses, pero o Teis non quería perderlle a cara o encontro e con máis pundonor que bo xogo igualaron o set 22-22, cando dous bos servicios producidos  Mayra Resúa deron lugar a outras dúas accións de contrataque materializados por Carla Nine que tras unha lesión volvía a xogar neste encontro, poñía o 22-24 que supoňían dúas oportunidades de set que se desaproveitaron con 24-24 outra acción de Carla Nine situaba o 24-25 e un bo saque de Rebeca Resúa forzaba o erro das Viguesas e poñía o partido 1-2 para as nosas.
No cuarto set as nosas xogadoras tomaron vantaxe desde o principio en 4 ou 5 puntos, pero as Viguesas non se querían entregar e non lle perdían a cara o encontro e mantiñanse nesa marxen durante todo o set ata o tramo final no que as nosas xogadoras mostrabanse nerviosas para pechar o partido e as locais aproveitaron está circunstancia para igualar o set no tramo final, foi cando se instauraron os nervios en ámbolos dous equipos e produceuse unha situación de xogo caótica na que ocurrían moitas imprecisións, e as nosas saíron favorecidas polo maior erro das de Teis. Con 23-25 pechábase un encontro disputadísimo que lle deu unha nova victoria o Atlético Boiro.
Esta victoria pode supoňer un punto de inflexión na temporada para as Xuvenís, xa que por primeira vez son quen de gañar un encontro disputado, é signo de que por fin as nosas xogadoras empezan a saber o que é competir, e a responder cando as rivais che apretan.
Xogaron: Celia Piñeiro, Ángela Alves, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Carla Nine, Paola Joaquin e coma líbero Sandra Castaño. Tamén xogaron: Sara Lojo, Carmen Gey, Silvia Suárez e Esther Sánchez.
Causaron baixa neste encontro por motivos persoais: Lara Costa e Noelia Mariño.

Equipo senior feminino na Segunda autonómica B:
Black Voley Vigo 3 - 0 Voleibol Atlético Boiro
(25-19/25-16/25-19)

Partido disputado na Pista Vermella do pabellón das Tavesas seguido por numerosos siadeiros, no que as nosas Senior demostraron que aínda lles fai falla tempo para collerlle o pulso a esta competición debido en gran parte a xuventude e inexperiencia que aínda ten este grupo, en unha liga na que en moitos casos compiten con rivais moito maiores e con bastante máis experiencia.
Lidia Pereiras atenta para a recepción
O partido comezou con igualdade no xogo e marcador ata o punto 12 no que as nosas empezaron a flaquear en recepción e cando esta se producía ben a colocación non era nada precisa, eso daba lugar a que as nosas xogadoras errasen en excesivo en ataque e as xogadora Viguesas tomasen vantaxe no marcador en 5 e 6 puntos que manterían ata o final 25-19.
No segundo as Viguesas tomarían vantaxe dende o principio e non darían opción as nosas, só os ataques de Lidia Pereiras que tivo unha boa actuación en xeral durante o encontro, inquietaban algo as xogadoras do Black Voley, pero iso non era suficiente e as Viguesas pecharon o segundo parcial sen atrancos.
O terceiro set foi un calco do primeiro, igualdade inicial e distanciamento definitivo das Viguesas no tramo medio debido a mala recepción das Boiresas.
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, Paola Jooaquin, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández e como líberos Sara Lojo e Sandra Castaño. Tamén xogaron: Mayra Resúa, Ángela Alves e Rebeca Resúa.
Causaron baixa para neste partido as senior María Pérez e Andrea Baña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario