Equipo xuvenil feminino na liga zonal:
Voleibol Atlético Boiro 1 - 3 Mexillón de Ouro Vb. Rianxo
(25-18 / 11-25 / 19-25 / 25-27)
Partido emocionante
e intenso xogado na mañá do domingo en Barraña que finalmente caeu a vitoria do
lado visitante, grazas en gran medida o acerto que tiveron dende a liña de
saque.
Comezaron con
moita ilusión e gañas as locais, e froito de iso ofreceron durante o primeiro
set a mellor versión de si mesmas, con un gran acerto dende a liña de saque,
unido a un xogo bastante sólido. Pola contra as rianxeiras parecía que non empezaron
moi centradas. Esta situación propiciou que as xogadoras do Atlético Boiro
tomasen vantaxe ampla a partires do punto 12, distanciándose en seis puntos que
fixo que cerrasen o primeiro parcial sen apuros 25-19.
Mais no segundo
set as rianxeiras saíron inspiradas, sobre todo no apartado do servizo, as do
Atlético incapaces de recibir en boas condicións, mentres as rianxeiras
utilizaban os saques coma arma de destrución e lles servía para abrir brecha
grande no marcador de xeito definitivo, ata un moi desigual 11-25.
As rapazas atentas ao xogo |
No terceiro set igualouse
algo máis o xogo, grazas a que as nosas melloraron no apartado da recepción,
pero ainda así as do Mexillón de Ouro seguían facendo dano cos saques por veces. A pesares diso o set transcorreu con igualdade no marcador ata o punto 19 no que
as nosas baixaron o acerto en recepción
e as visitantes facían valer o seu bo saque para levarse o terceiro set 19-25.
No cuarto set
veríase unha maior igualdade, con alternativas no marcador, se ben as nosas
comezaban ben, mandando no marcador no tramo inicial do set, con un parcial de
5-0, resultado que as de Rianxo igualarían e serían as
que mandaban a partires do punto 10, distanciándose tamén en cinco puntos ata
chegar a 18-23 para o equipo visitante que parecía definitivo, cando se produciu unha
reacción por parte das locais e situáronse a un so punto 22-23. Despois de un tempo morto
solicitado polo adestrador visitante, as súas xogadoras sumaron un punto que lles
daba dúas bolas de partido 22-24, pero grazas o acerto do saque de Carla Nine
as locais puxeron a emoción e situáronse con unha oportunidade de pechar o set 25-24
que se desaproveitou con erro no saque, e finalmente dous puntos moi disputados que caerían do lado visitante,
deulles unha vitoria as de Rianxo en un partido moi disputado que lles serve
para afianzar ainda máis o seu liderado na categoría.
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Ángela Alves e Paola Joaquin, como líberos Sandra Castaño e Noelia Mariño. Tamén xogaron: Sara Lojo e Lara Costa. Dende o banco agardaban a súa oportunidade Carmen Gey e Lara Gómez.
Equipo senior feminino na Segunda autonómica B:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 Calasancias Coruña B
(14-25 / 06-25 / 07-25)
Partido nefasto o
protagonizado polas xogadoras senior, que mostraron unha apatía e indolencia
propia de xente que non lle gusta xogar o voleibol. As Coruñesas líderes da
categoría, presentáronse con 7 xogadoras, que non daban crédito, xunto co
público que se acercou a ver o partido, o panorama que ofrecían as xogadoras locais,
un equipo sen espírito e estático sobre o campo, co que lle abondaba pasar a
bóla por encima da rede para que calquera acción se convertese en punto. Xa que
en moitos casos cometían imprecisións propias de xogadoras infantís ou de xente
que nunca xogase a este deporte. Ante todas estas premisas, o partido cerrouse
sen mais historia.
María Pérez no saque |
O equipo senior
non está competindo, por razóns que hai que analizar detidamente, son incapaces
de por en práctica o xogo e cualidades que demostran ter nos adestramentos, que,
si ben, probablemente éstas non fosen
suficientes para derrotar as líderes da categoría, hai que dicir que nin por
asomo foron quen de xogar neste partido o 50% das súas posibilidades.
Xogaron: Ángela Alves, Celia Piñeiro, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, María Pérez e Ángela Fernández, como líbero Sara Lojo. Tamén xogaron Lara Costa, Rebeca Resúa, Mayra Resúa e Paola Joaquin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario