Equipo infantil feminino na ligas escolares:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 CV Bacelos
(12-25/23-25/09-15)
As máis pequenas no campo |
Partido disputado
na mañá do Sábado no Pavillón Municipal de Noia, no que as mais cativas
continúan coa súa aprendizaxe neste deporte, e a pesares de non lograren a
vitoria, comeza a verse síntomas de mellora, se ben no primeiro set apenas
puxeron resistencia, no segundo e terceiro, contestaban o xogo das súas
contrincantes e incluso tiveron opcións de levar o segundo set.
Xogaron: Naiara Suárez, Miranda Carou, Silvia Fernández, Nerea Fuentes, Ana Piñeiro, Tallitha Pereira, Laura Rodriguez, Zaida, Vázquez, Nerea Vázquez e Ainhoa Santos.
Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
Voleibol Atlético Boiro 3 - 1 Voleibol Maniotas
(25-16/25-12/20-25/25-13)
Partido xogado no
Pavillón de Barraña na mañá do Domingo, no que o Atlético conseguiron a 7ª
vitoria da tempada, que a sitúa no grupo de cabeza da Liga Zonal Xuvenil.
Comezaron o
primeiro set con moita seguridade no xogo, froito de iso deu lugar a que se
despegaran dende o principio, con unha vantaxe ampla que facía posible realizar
o adestrador local numerosos cambios para que xogaran as menos habituais,
navegando de xeito plácido ata a vitoria do parcial.
O segundo set foi
un calco do primeiro, un Atlético Boiro que sabía a que xogaba, distanciábanse
amplamente no marcador, e posteriores cambios, dando oportunidade para xogar a
todas. Transcorrendo o set de xeito plácido ata o 25-12.
Celia Piñeiro colocando |
Mais no terceiro
set as nosas relaxáronse excesivamente, dando lugar a que as xogadoras de
Cangas se distanciaran en 8 puntos no tramo inicial, excesivamente erráticas en
recepción as nosas, fixo que as visitantes colleran amplas vantaxes, con
marcador en 12-20 as locais tentaron de reaccionar, pero foi demasiada marxe
concedida, e as do Morrazo cerraban o terceiro parcial 20-25.
No cuarto set
volveron as augas o seu sitio, e dominaron o set de principio a fin grazas a
que axustaron a recepción e melloraron considerablemente o xogo, que foi mais
parecido os dous primeiros parciais. Finalmente pecharon o partido co 25-13 que
situaba o 3-1 final.
Nova vitoria,
pero con sabor agridoce, debido o mal xogo realizado no terceiro set, hai que
tomar nota de esta experiencia para un futuro, non pode haber tal relaxación,
xa que se isto ocorrese en outras circunstancias e con outro equipo, poderíase
acabar pagando moi caro.
Xogaron: Celia Piñeiro, Ángela Alves, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Lara Costa, Sara Lojo. Líberos: Noelia Marió e Sandra Castaño. Tamén xogaron: Carmen Gey, Esther Sánchez, Silvia Suárez e Lara Gómez.
Equipo senior feminino na Segunda B autonómica:
Voleibol Atlético Boiro 1 - 3 Emeve Elide
(25-21/12-25/10-25/23-25)
A falta de fe no
triunfo condenou a o equipo Sénior en un partido que empezaban de xeito
brillante, realizando o que probablemente o mellor xogo da tempada, moi seguras
en tódalas facetas do xogo, dominando as súas contrincantes, de principio a fin
ata un merecido 25-21.
Lidia Pereiras atenta na recepción |
No segundo
parcial volveron as pantasmas de anteriores partidos, mostrándose totalmente
inoperantes en recepción, o que facía imposible a construción de xogadas, isto
fixo que as xogadoras de Lugo se distanciaran de xeito amplo e pechasen o
segundo parcial con comodidade 12-25.
O terceiro set
foi un calco do segundo, distanciamento inicial das do Emeve por causa da mala
recepción das locais, que facía que lles transcorrera o set de xeito plácido,
sen apenas resistencia local, ata o final 10-25.
No cuarto set
cambiaron as cousas, as locais subiron a intensidade no xogo, e melloraron considerablemente
no apartado da recepción. Realizando un xogo que por momentos recordaba o do
primeiro set, facía que mantiveran en avantaxes de 3 e 4 puntos, ata chegar a un 23-20 que
parecía que se ían a ir o 5º set para decidir o partido, pero a falta de confianza
e de fe no triunfo amordazou o xogo das locais, que acababan cedendo 23-25.
Cabe destacar a
actuación en este partido de Lidia Pereiras, que estivo moi atinada en tódalas
accións, mostrándose moi centrada e regular en tódalas facetas de xogo.
Segue mellorando
o xogo do equipo Senior, segundo parcial conseguido na tempada, pero aínda
seguen pecando de irregularidade, se ben no primeiro set e mais no cuarto mostraron unha boa imaxe, no segundo e terceiro non foron quen de dar a talla
nin de ser competitivas, e mais aínda están faltas de convicción no triunfo,
nos puntos decisivos, feito que as fai acabando sucumbir por causa dos nervios.
Xogaron: Celia Piñeiro, Ángela Alves, Sara Lojo, Rosana Ramos, Lidia Pereiras, Ángela Fernández. Líbero Noelia Mariño. Tamén dispuxeron da súa oportunidade: Rebeca Resúa, Lara Costa, Mayra Resúa, Patricia Rodriguez e María Pérez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario