Equipo xuvenil feminino na liga zonal:
IES de Ames C 0 - 3 Voleibol Atlético Boiro
(22-25/20-25/15-25)
Partido disputado
na tarde do Sábado, no que non se caracterizou o bo xogo por parte de ningún
equipo, marcando as diferenzas as nosas na maior parte das veces co acerto en
saque, e por veces mostrando unha mellor orden no xogo e precisión nas xogadas,
o adestrador do Atlético a sabendas da teórica inferioridade das xogadoras
locais, deulle oportunidade as menos habituais neste partido.
As xogadoras a espera do saque |
Comezaba o
primeiro set co típico tanteo inicial, no que ambos equipos cometían bastantes
imprecisións, ata o punto 10 no que o equipo de Boiro se distanciaba no
marcador grazas o acerto en saque, destacando nesa faceta Rebeca Resúa, que o
seu saque resultáballes complicado de recibir as xogadoras locais. O resto do
set transcorreu de xeito plácido para o equipo Boirense ata os últimos puntos,
no que a relaxación do Atlético, propiciou que as locais se acercasen no
marcador, pero sen que en ningún momento chegase a perigar o set, ata o 22-25
final.
No segundo set, o
adestrador visitante continuou cos cambios no equipo, pero o set transcorrería
do mesmo xeito que o primeiro, pero acusando mais a relaxación se cabe no tramo
final, xa que con unha vantaxe favorable as Boirenses de 12-22, permitiron que
se achegaran ata a vintena. Pero finalmente o set caeu tamén do lado visitante
20-25.
No terceiro set o
adestrador do Atlético decidido a que non se prolongase mais o partido, saltou
a pista decidido a non facer mais provaturas e a tratar de pechar o encontro
pola vía rápida. Neste set puido verse un mellor xogo por parte das nosas, pero
sen que se prodigasen tampouco, distanciándose amplamente dende o principio ata
o final 15-25.
Xogaron polo
Atlético Boiro: Celia Piñeiro, Sara Lojo, Silvia Suárez, Rebeca Resúa, Lara Costa e Paola Joaquin, como liberos Noelia Mariño e Sandra Castaño. Tamén dispuxeron da súa oportunidade de xogar: Mayra Resúa, Carla Nine e Esther Sánchez.
Equipo senior feminino na Segunda B autonómica:
C.V.Santiago 3 - 0 Voleibol Atlético Boiro
(25-19/25-20/25-19)
Partido que se
disputou na mañá do Domingo no Pavillón do Restollal, na capital Galega, no que
as xogadoras do Atlético Boiro a pesares da clara derrota ante as terceiras
clasificadas da liga, melloraron a imaxe respecto as dúas anteriores xornadas,
e ofreceron xogo as locais, viuse en moitas ocasións puntos disputados, e
igualdade por momentos.
As rapazas atentas para a defensa |
O primeiro set
arrancou con igualdade no tanteador, sentíanse animosas e con gañas de xogar as
Boirenses, e ofreceron a mellor versión de si mesmas. Isto propiciou que os
siadeiros que acudiron a ver o partido non se aburrisen dende a bancada e
puidesen ver algo de xogo. O set transcorreu con igualdade máxima ata o punto
19 no que a falta de mentalidade gañadora da que ainda peca este grupo, levounas a
cometer imprecisións que fixo que as Santiaguesas, moi seguras de si mesmas
pecharan o primeiro parcial. 19-25.
O segundo set foi
un calco do primeiro, moita igualdade en xogo e tanteador, ata o tramo final,
que no punto 20 volveron a aflorar os nervios e a falla de confianza, que as
xogadoras locais non deixaron de aprobeitar para cerrar o set sen atrancos, o
que facía que a situación fose bastante paradóxica, xa que tanto no primeiro
coma no segundo set, vendo a igualdade que había non facía presaxiar un
desenlace tan fácil para as locais. Finalmente caeu para as Santiaguesas 20-25.
No terceiro set o
adestrador do Atlético Boiro realizou tres cambios con respecto o equipo que
saltou a cancha nos dous sets anteriores, e estes cambios non resultaron
mellorar o que había e fixo que as xogadoras locais se distanciasen amplamente
dende o principio, no tramo final as Boirenses tentaron de reaccionar e
recortaron distancias, pero esa reacción chegou tarde e as do C.V. Santiago pecharon o set definitivo sen pasaren apuros 19-25.
As xogadoras
senior deron outra imaxe neste partido, mostrando cualidades que en outros
encontros non o facían debido a falta de motivación que tiñan, veuse unha
actitude mais animosa e de compañeirismo, que fixo que se traducise en un nivel
de xogo considerablemente mellor que en outras xornadas, pero segue pecando de
inocencia nos puntos decisivos, con toda seguridade debido a falla de confianza
en si mesmas.
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, María Pérez, Rosana Ramos, Lidia Pérez e Ángela Fernández, como líberon Sandra Castaño. Tamén tiveron a oportunidade: Lara Costa, Andrea Baña e Rebeca Resúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario