Equipo infantil feminino no deporte escolar:
E.D. Lousame 3 - 0 Voleibol Atlético Boiro
(25 - 13 / 25 - 15 / 15 - 10)
As máis pequenas a espera do saque |
Queda moito que
traballar con estas rapazas, que en un futuro moitas de elas esperemos poder
velas pasar por todas as categorías do noso Club. E de seguro que formarán co
tempo un grupo exitoso.
Xogaron: Naiara
Suárez, Miranda Carou, Silvia Fernández, Nerea Fuentes, Ana Piñeiro, Tallitha
Pereira, Laura Rodríguez, Zaida Vázquez e Nerea Vázquez.
Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
C.V. Pontevedra B 0 - 3 Voleibol Atlético Boiro
(14-25/23-25/23-25)
Novo triunfo a
domicilio do equipo xuvenil, deixando unha vez mais patente a súa espectacular
progresión, ante un equipo que na primeira volta en Barraña nos superara de
xeito claro.
Comezou o
primeiro set, coas nosas xogadoras moi enchufadas dende o principio,
desplegando un xogo sólido e sen fisuras, desarmando por completo o equipo
local, que seguramente non esperaba esa proposta de xogo por parte das nosas,
grazas a iso o equipo Boirense logrou
tomar unha ampla vantaxe ata o 14-25.
Lara Costa no saque |
Mais no segundo
set igualouse mais o partido, as xogadoras locais saíron animosas, iso unido a
que as xogadoras o Atlético non saíron tan centradas como no primeiro parcial,
deu lugar a vantaxes de 3 e 4 puntos por parte das Pontevedresas, o resto do
set transcorrería con puntos longos e moita igualdade ocasionado polo espírito
de loita das locais, que non daban un balón por perdido, mentres as nosas
mostraban unha mellor orde no xogo e recortaban distancias no marcador
lentamente, ata que unha serie de erros non forzados puxo o marcador en 22-19
para as locais, momento no que o adestrador de Boiro solicitou un tempo morto,
foi cando as do Atlético saíron decididas a non deixar escapar o set, e con
melloramento en tódolos aspectos, lograron igualar o marcador a 23, e os
nervios das xogadoras locais fixeron o resto do traballo 23-25.
No terceiro set,
as xogadoras do Atlético saíron decididas a pechar o partido, a sabendas de que se encaixaban un set podería darlle
vida as locais e poder pasar moitos apuros despois. Comezaron mandando no
marcador en 3 e 4 puntos, pero as locais non se querían render e lograban
igualar o marcador repetidas veces para que as nosas empeñadas na vitoria
arremetesen novamente para volver a situar a avantaxe no marcador, esta
circunstancia daría lugar a disputa de puntos moi longos e por momentos
emocionantes durante todo o set, ata chegar a un 22-24 que concedía dúas bolas
de partido para as Boirenses, que se lograría a segunda grazas a un erro das
locais, 23-25, que pechaba o encontro con unha vitoria merecida en un partido moi disputado a pesares do 0-3.
Cabe destacar a
aportación en saque que fixeron as dúas centrais do Atlético Boiro Sara Lojo e
Mayra Resúa con cada 3 puntos directos.
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Lara Costa, Sara Lojo. Líberos:
Sandra Castaño e Noelia Mariño. Tamén xogaron: Ángela Alves, Esther Sánchez e
Silvia Suarez.
Equipo senior feminino na Segunda B autonómica:
Zona Libre Voleibol 3 - 1 Voleibol Atlético Boiro
(25-23/23-25/25-16/25-16)
Partido disputado
na tarde do Domingo, despois de unha longa viaxe de mais de 2 horas, saltaban a
pista as xogadoras do Atlético Boiro, animosas e con gañas de xogar, iso fixo
que se vira moita igualdade nos dous primeiros sets, transcorreron de xeito
similar, pero con distinto desenlace, xa que no primeiro se perdía pola mínima,
gañando o segundo do mesmo xeito, o que supuxo o primeiro parcial que logra o
equipo sénior nesta tempada.
María Pérez no bloqueo e Rosana Ramos atenta para o apollo |
Pero a partires
do terceiro set o equipo foi a menos, debido a falla de concentración
ocasionada pola inexperiencia de este grupo e mais tamén en parte o desánimo que
producía unha arbitraxe mais que dubidosa que permitía o equipo local un toque
de dedos na colocación moi pouco ortodoxo cometendo falta na gran maioría dos
seus toques.
Estas
circunstancias unidas a un público que deixaba moito que desexar en canto a
modais e formas en animar as súas, foi un peso demasiado grande para unhas
xogadoras tan novas coma as Boirenses que acabaron acusando no xogo e fixo que
os dous seguintes parciais caeran do lado local por 25-16.
O equipo sénior
empeza a mostrar signos de clara mellora, comeza a dar xogo o equipo contrario
así coma a poñer algo de resistencia, pero aínda queda moito que mellorar, a
este equipo tan novo, formado maioritariamente por xogadoras de primeiro ano de
Xuvenil xunto con xogadoras sénior que non pasan dos 20 anos, situando a media
do equipo entorno os 17, que apesares dos malos resultados que tiveron ata
agora, lles serve para acumular experiencia neste deporte de cara a un futuro a
medio e longo prazo moi prometedor.
Xogaron : Celia Piñeiro, Lidia Pereiras, María Pérez, Rosana Ramos, Ángela Alves e Ángela Fernández, como líbero Sandra Castaño. Tamén xogaron: Lara Costa, Sara Lojo e Rebeca Resúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario