Equipo infantil feminino no deporte escolar:
Voleibol Atlético Boiro 3 - 0 E.D. Padrón
(25-14/25-8/15-5)
As primeiras
clasificadas da Liga Escolar, o equipo da Escola Deportiva de Padrón
preséntouse a este partido soamente con 6 xogadoras, e a pesares diso gañaron ás
nosas de xeito claro e moi merecidamente, non lle deron opción ningunha as nosas de facerse ca victoria.
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 IES de Ames
(11-25/24-26/9-15)
(11-25/24-26/9-15)
Partido disputado
na mañá do sábado, no que as nosas xogadoras foron de menos a máis, con un
primeiro set no que estiveron moi por debaixo das xogadoras de Ames, no segundo
e terceiro estivo máis disputado, tendo as nosas unha oportunidade para gañar o
segundo parcial, con unha bóla de set que se desperdiciou, finalmente non
puideron evitar a derrota.
Xogaron: Naiara
Suárez, Miranda Carou, Silvia Fernández, Nerea Fuentes, Ana Piñeiro, Laura
Maneiro, Laura Rodríguez, Zaida Vázquez e Nerea Vázquez.
Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
Narón Volea 3 - 1 Voleibol Atlético Boiro
(27-25/25-18/17-25/25-20)
Derrota das xuvenís que rompen coa racha de vitorias consecutivas que viñan acumulando dende o inicio da segunda volta da competición. Mal partido, en xeral, das nosas xogadoras que acudían a este partido coas baixas de Carla Nine por lesión e Mayra Resúa por motivos familiares, no que a pesares do mal xogo mostrado tiveron as súas opcións de levarse unha vitoria, inda que non merecesen gañar.
O primeiro set
comezaba ben para o equipo de Boiro, controlando todas as facetas do xogo, e
mandando no marcador, ata mediado o set no que as nosas comezaron a mostrar
moitas cadencias no apartado da recepción. As xogadoras de Ferrol Terra
encontraban así unha maneira de puntuar, mediante o saque, xa que co xogo
mostrábanse incapaces de superar as xogadoras do Atlético.
Sara Lojo e Celia Piñeiro no bloqueo |
A imprecisión a hora
de recibir das nosas, comezou a minar a moral e o xogo das xogadoras Boirenses,
que terminou por levar o toque de graza ante a fatalidade de non poder
aproveitar dúas oportunidades para levar o primeiro set, que caería do lado
local con 27-25.
O segundo set
comezou practicamente do mesmo xeito que o primeiro, ata a metade do mesmo
cando volveu a aparecer as carencias na recepción do equipo visitante, feito
que aproveitaron as locais para coller distancia mediante o servizo, que sería
definitiva. 25-18
No terceiro set
as xogadoras de Boiro melloraron lixeiramente a recepción e iso unido a que
neste parcial as locais baixaron a efectividade do servizo, propiciou que as
nosas non tiveran problemas en anotarse o terceiro parcial. 17-25
O cuarto set comezaba
con igualdade, ata un 16-18 a favor das nosas, momento no que mostraron a peor
versión de si mesmas, unha nulidade total no xogo, con erros en tódolos
apartados do xogo, saque, recepción e ataque, un cúmulo de erros non forzados
polo rival, que lles entregaba docemente a vitoria as locais. 25-20
Xogaron: Celia Piñeiro, Ángela Alves, Carmen Gey, Rebeca Resúa, Lara Costa e Sara Lojo, como líbero Sandra Castaño. Tamén xogaron: Noelia Mariño, Esther Sánchez, Lara Gómez e Silvia Mariño.
Equipo senior feminino na Segunda Autonómica B:
Narón Volea 3 - 0 Voleibol Atlético Boiro
(25-20/25-14/25-21)
Derrota do equipo
sénior, ante un equipo, o de Narón, que unicamente se mostraban superiores no
apartado de saque-recepción.
O primeiro set
comezou, con moi bo xogo por parte das de Boiro, que facía que mandasen no
marcador, despregando un xogo que era superior o que ofrecían as de Narón, pero
a mediados do set, as nosas mostrábanse incapaces de recibir unha bóla en
condicións para a construción da xogada, iso unido a mala dirección que comezou
a mostrar no apartado da colocación, fixo que as xogadoras locais puntuaran de
xeito fácil e se distanciaran no marcador de xeito definitivo ata o 25-20.
O equipo senior atento para a recepción |
O terceiro set
foi unha repetición do primeiro, bo xogo das visitantes e posterior baixón en
recepción que acababa acusando o xogo no tramo final, para que as xogadoras
pechasen o partido co 25-21 final.
Xogaron: Celia Piñeiro, Sara Lojo, María Pérez, Rosana Ramos, Lidia Pereiras e Ángela Fernández, como líbero Noelia Mariño. Tamén xogaron Lara Costa, Rebeca Resúa, Patricia Rodríguez e Andrea Baña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario