Este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, este Club celebrou no Pabellón Municipal de Barraña un torneo entre integrantes do mesmo club para así fomentar a unión entre os seus xogadores e que puidesen pasar unha tarde disfrutando deste deporte todos xuntos, dende os máis pequenos aos máis maiores.
Final da categoría senior entre Patri-Rebeca e Mauro-Eva |
Debido as fechas nas que se realizou houbo moitos xogadores que non puideron asistir debido a responsabilidades alleas ao deporte como son os estudos, por exemplo. Máis eso non impediu que se contase cun gran número de participantes con 6 equipos de 3 xogadores/as na categoría infaltil e 6 parellas na categoría xuvenil-senior. Todos eles demostrando o amor polo deporte que xogan.
Puidemos observar como en todo momento reinaba o compañeírismo cando se estaban enfrentando contra membros que habitualmente xogan no seu equipo, sen facer en ningún momento de menos a nadie e falando amistosamente tras os encontros. Encontros intensos e competitivos, en algúns nos que a vitoria foi pola mínima.
Tras tódolos partidos realizouse a entrega de premios na que, a parte dos gañadores, tódolos participantes foron galardonados cunha medalla tan sólo pola súa participación, para así mostrarlles que todo traballo ten a súa recompensa e agradecerlles a participación de todos eles. Tamén forón agasalladas Eva como mellor xogadora da categoría infantil e Rebeca como mellor xogadora da categoría xuvenil-senior.
Entrega de medallas a cada un dos participantes do torneo deste 2014 |
Foi un torneo en familia, no que ainda que xogasen en dúas categorías diferentes, xuvenil-senior e infantil puidemos ver como os máis veteranos compartían o tempo cos máis novos disfrutando dunha tarde de deporte. Pudemos ver como esta familia vai crecendo dende os máis pequenos no que contamos cunha gran cantidade de rapazas con moitísimas ganas de aprender a disfrutar do voleibol. Familia que confiamos en que siga así e avance como ata o de agora para demostrar que estamos aquí e facernos un oco neste gran deporte chamado voleibol.
Grazas por formar parte da nosa familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario