LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA :
C.V. PADRÓN 0 - 3 C.V.A.B.
(20-25/14-25/05-25)
Partido disputado
na mañá do Sábado na vila de Padrón, no que as nosas Xuvenís sen despregar o
seu mellor xogo foron quen de dobregar as xogadoras locais, que presentaban numerosas
carencias de xogo, pero inda así mostrábanse combativas, indo de mais a menos a
súa resistencia ante un xogo mais ordenado das nosas.
Esther Sánchez na defensa |
Comezaba igualado
o primeiro parcial, coas nosas un tanto tensas e agarrotadas, pola contra as de
Padrón votando man de garra e actitude, mantiñan igualado o Tanteador ata o
punto 18, momento no que grazas o acerto en saque de Carla Nine, que anotou
numerosos aces durante todo o encontro. Propiciou un distanciamento no tramo
final, que resultaría definitivo. 20-25.
No segundo
parcial as xogadoras do Atletico, saíron mais soltas, debido a seguridade que
lles propiciou o gañar o primeiro parcial, e as locais so puideron manter a
igualdade no marcador ata o punto 10, momento no que as de Boiro se
distanciaron de xeito amplo, con un xogo mais ordenado e seguro, non tiveron
problemas de cerrar o segundo parcial 14-25
Co 0-2 no
marcador, as xogadoras de Padrón baixaron os brazos e entregaron a culler dende
o principio do terceiro set, mentres que as nosas moi seguras de si mesmas,
navegaban de xeito plácido cara a vitoria, cerrando o parcial de un xeito amplo
05-25
XOGARON: Celia
Piñeiro, Carla Nine, Silvia Suarez, Minerva Vázquez, Esther Sánchez, Sara Lojo
e Sandra Castaño de Líbero. Tamén dispuxeron da súa oportunidade: Ángela Alves,
Rebeca Resúa e a Infantil Eva Regades
LIGA ZONAL CADETE FEMININA:
C.V. PADRÓN 3 - 0 C.V.A.B.
(25-20/25-12/25-12)
Partido perdido
de xeito claro, por parte das nosas xogadoras mais novas, que seguen coa súa
adaptación a competición oficial, no que foi una constante durante todo o
partido o desacerto no apartado da recepción e mais do saque, unido a falta de
mobilidade de moitas das nosas xogadoras, que están dando os seus primeiros
pasos neste deporte.
O equipo cadete no saque |
Logrado o
primeiro obxetivo de poder formar un grupo estable e amplo, xa que dispoñemos
de 14 Xogadoras nesta categoría, mais de a metade de elas en idade Infantil.
Agora so queda traballo e mais traballo con estas rapazas, que van ser o futuro
de este Club, e de seguro que se traballan arreo, nos darán moitas tardes de
ledicia.
XOGARON: Tallita
Ricellys, Eva Regades, Vera Rodríguez, Ainhoa Santos, Minerva Vázquez e Lara
Rodríguez. Tamén xogaron: Zaida Vázquez, Alexia Vázquez e Laura Maneiro
SEGUNDA DIVISIÓN B FEMININA
C.V. SANTIAGO 1 - 3 C.V.A.B.
(18-25/25-16/15-25/18-25)
Chegou a primeira
vitoria do equipo Sénior, da man de un partido moi serio ofrecido polas nosas
xogadoras na mañá do Domingo, que se desprazaban a Santiago de Compostela para
xogar contra o equipo local.
O equipo senior celebrando |
Xa dende o
comenzo saíron as nosas con outra actitude ben distinta con respecto a outros
encontros, enchufadas dende o principio e con unha gran dose de motivación.
Comezou o xogo con moita igualdade, con xogadas longas e disputadas, as do C.V. Santiago dispoñían de superioridade
por zona III, e sempre que podían, utilizaban ese recurso, pero esa
superioridade quedaba compensada por parte das nosas, grazas a defensa, que
esta vez si que era efectiva. A igualdade mantíñase no marcador ata que no
tramo medio as nosas foron quen de distanciarse grazas a un maior acerto no
saque apoiado pola boa defensa xa mencionada, ata situar o marcador no primeiro
parcial en un esperanzador 18-25.
Mais no segundo
set as xogadoras locais comezaron con forza, e asumindo riscos no apartado do
saque lograron unha vantaxe considerable dende o comenzo, froito de iso
apareceu a inseguridade nas nosas xogadoras, que as levou a cometer numerosos
erros en recepción e ataque, sumado a 5 fallos en saque. Ante ese panorama, as
Xogadoras do C.V. Santiago non tiveron problemas en sentenciar o segundo set,
soamente maquillando un pouco o marcador as nosas no tramo final ata o 25-16
que igualaba o partido.
O terceiro set
comezou do mesmo xeito que o segundo, coa inseguridade instaurada nas mentes
das nosas xogadoras, a causa de iso, as do equipo local conseguiron unha
vantaxe inicial de 11-3, parecía que as pantasmas de encontros anteriores
volvían para minar a confianza e o xogo
das nosas. Foi entón cando se produciu un punto de inflexión no encontro, as
xogadoras de Boiro tomaron as rendas do partido e xa non as soltarían mais,
facendo alarde de unha actitude inquebrantable e unha defensa de escándalo, na
que non daban un so balón por perdido, xunto a que lograron axustar a
recepción, endosáronlle un tremendo parcial as xogadoras locais de 04-22 que as
levou a conseguir o terceiro set por 15-25 e así se poñía o 1-2 no luminoso.
Despois de esta incrible
remontada deu comezo o cuarto set, coas xogadoras locais visiblemente tocadas
por estas circunstancias, inda así non se querían entregar e ofrecían moita
resistencia no xogo e mantiñan a igualdade no tanteador, as nosas mais seguras
de si mesmas, formaban piña e actuaban como un verdadeiro equipo, dábanse
ánimos unhas as outras, e nos tempos mortos se respiraba un ambiente moi
positivo de optimismo e convencemento de que se podía lograr a vitoria. Esta
chegaría no tramo medio do set, cando as nosas Sénior foron quen de distanciarse
no marcador e chegar ata o 18-25 que pechaba o encontro.
No apartado
persoal non se pode destacar a ninguén, xa que tódalas xogadoras que
participaron, rendiron a un bo nivel, hai que destacar o grupo, que deixando de
lado egoísmos e pretensións persoais, foron quen de xogar coma un bo E Q U I P O.
XOGARON: Celia Piñeiro, Rocio Pouso, Begoña Treus, Rebeca
Resúa, Lidia Pereiras, María Pérez e Esther Sánchez de Líbero. Tamen xogaron.
Silvia Suárez e Eva Regades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario