luns, 9 de febreiro de 2015

SEGUNDA DIVISIÓN B XORNADA 12 DOMINGO 08.02.2015

Black Voley Vigo - Club Voleibol Atlético Boiro: 3-2
(25-15/15-25/25-12/19-25/15-13)


Na mañá do Domingo, presentábase o equipo Sénior na Cidade de Vigo, despois de un contratempo importarte como foi o pinchar a roda da Furgoneta do Club, que fixo retrasar considerablemente a expedición. Ata o punto que se chegou na hora límite para comezar o encontro, e sen tempo de quecemento para as nosas deu comenzo o partido.
Un primeiro set no que acusarían esa falta de quecemento as de Boiro, e tras uns primeiros puntos de tanteo, as de Vigo marchábanse de xeito claro no marcador ata o 25-15.
No segundo set, unha vez asentadas as xogadoras comezaron a ofrecer mellor xogo, froito de unha boa defensa, e apoiadas por un saque bastante eficiente, lograron distanciarse no marcador de xeito amplo, ata un contundente 10-20, despois de iso, un intercambio de puntos levou ata o 15-25 que situaba a igualdade a un no luminoso.
As Sénior pagan cara a súa irregularidade
Mais no terceiro set, as do Atlético volveron a pecar de irregularidade, despois de ter ofrecido a súa mellor cara no anterior para volver a mostrar o malo no terceiro set. O Black Voley foise distanciando dende o principio, a causa de un repertorio amplo de erros por parte das nosas, sobre todo en ataque e saque, que abriu unha brecha no marcador ata o 25-12.
O cuarto set comezou do mesmo xeito que o terceiro, as do Atlético acumulando fallos e as locais distanciándose no marcador, pero a partires do ecuador do parcial, as nosas melloraron, e lograron situarse por diante, ata o 19-25 que forzaba o desempate.
No tie-break comezou con avantaxes  mínimas a favor das do Atlético, índose o cambio de campo con un 7-8 para as de Boiro, despois aumentarían a súa vantaxe ata un esperanzador 08-11 que facía que as nosas acariciaran a vitoria, pero foi xusto nese momento, que os nervios fixeron acto de presenza, as locais con mais loita que xogo lograron darlle volta a situación e con un parcial de 6-0 se poñían en disposición de pechar o encontro con 14-11, foi na segunda oportunidade cando acadarían a vitoria pola mínima por 15-13 a causa de un saque fallado polas nosas.
O contratempo sufrido na viaxe, si ben é un hándicap en contra, non pode ser a escusa da derrota, xa que o equipo Sénior está acusando durante esta tempada, de moita irregularidade, combinan momentos de moi bo xogo con outros de malo. E esa irregularidade, que en gran parte vai ligada a confianza que teñen, fainas caer en moitas ocasións. Esta tempada mellorouse con respecto a anterior, acadáronse vitorias, pero inda lle queda moito camiño que  andar o equipo mais novo da categoría, xa que a media de idade das xogadoras non chega os 18 anos, o que fai presaxiar un futuro moito mellor, se segue o traballo nesta liña e con un bo nivel de compromiso como se está tendo ata o momento.

XOGARON: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, CLAUDIA GÓMEZ, REBECA RESÚA, LIDIA PEREIRAS, MARIA PEREZ. Libero. ESTHER SANCHEZ. Tamén xogaron: ROCIO POUSO, BEGOÑA TREUS, LARA COSTA, SARA LOJO e EVA REGADES.


O seguinte partido será o Sábado 14 de Febreiro no P.M. BARRAÑA as 17:00 Horas contra o ZONA LIBRE VOLEIBOL de Sarria. Partido correspondente a Xornada 08, aprazado no seu día por petición das Lucenses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario