LIGA ZONAL CADETE
FEMININA
CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – C.V. PADRÓN: 3-1
(22-25/25-22/25-15/25-14)
Despois de tanto
traballo chegan as primeiras recompensas en forma de vitoria, a primeira que
consigue este grupo Cadete formado fai menos de un ano. Ante un equipo, que non
tivera problemas para derrotar as nosas no partido disputado na primeira volta,
o que fai ver a progresión que está a experimentar este grupo, que a fin de
contas, so se trata de un pequeno paso cara adiante, dos moitos que aínda teñen
que dar estas rapazas.
Foi un partido no
que a confianza e o xogo foi de menos a mais, en un primeiro set, no que eran incapaces
de recibir os saques das de Padrón, de xeito óptimo, e lles impedía poder
realizar xogadas. Unicamente se mantiñan con esperanzas grazas os saques de Eva
Regades, que grazas os seus numerosos aces, facía posible achegarse e incluso
distanciarse minimamente no marcador, pero por causa de indecisións das locais
no tramo final do set, propiciou que se o anotaran as de Padrón por 22-25.
O segundo parcial
foi un calco do anterior, pero con diferente desenlace, xa que as nosas estiveron
mais atentas no tramo final, e lograron devolverlle o 25-22 anterior.
As Cadetes logran a primeira vitoria |
O feito de gañar
este parcial, deulles confianza e a partires de aí melloraron o seu xogo,
motivadas e animosas realizaban numerosas xogadas completas de xeito óptimo,
apoiadas polo saque, resultáballes as visitantes unha lousa moi pesada, que
tentaban resolver en moitos casos de xeito precipitado enviando bolas o segundo
e incluso o primeiro toque. As de Boiro mais ordenadas e atentas, as collían na
maior parte das veces, e conseguían abrir brecha no marcador, tanto no terceiro
coma no cuarto set, para gañalos con bastante solvencia por 25-15 e 25-14. E
certificaren así unha primeira vitoria mais que merecida.
XOGARON:MINERVA
VÁZQUEZ, MIRIAM PÉREZ, CLAUDIA GÓMEZ, EVA REGADES, ANAIS CASTRO e LARA
RODRÍGUEZ. Tamén dispuxeron da súa oportunidade AINHOA SANTOS e VERA RODRÍGUEZ
A vindeira semana
as Cadetes viaxan a comarca de Ferrol para se enfrontar o NARÓN VOLEA.
LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA
CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – C.V. PADRÓN: 3-0
(25-11/25-12/25-07)
Partido disputado
na tarde do Sábado, no que ante a teórica diferenza entre os dous equipos, o
Adestrador local optou por facer probas e alternou aliñacións distintas nos
tres sets, tamén para darlle a oportunidade de xogar a todas, sobre todo as
menos habituais. E o debut de unha Cadete nesta categoría, como é o caso de
CLAUDIA GÓMEZ que tivo unha boa actuación no seu primeiro partido coma Xuvenil.
Ningunha de esas
aliñacións tivo problemas para gañar os seus respectivos parciais sen contratempos, debido maioritariamente a incapacidade de poder recibir de xeito óptimo
os saques das de Boiro, que vían unha maneira fácil de puntuar mediante este
recurso, que serían autentico pesadelo para as visitantes durante todo o
partido.
Ante esta prespectiva
as xogadoras do Atlético navegaron de xeito plácido cara unha nova vitoria.
XOGARON: CELIA
PIÑEIRO, CARLA NINE, CLAUDIA GÓMEZ, MINERVA VÁZQUEZ, EVA REGADES e SARA LOJO.
LÍBERO SANDRA CASTAÑO. Tamén xogaron: SILVIA SUÁREZ, REBECA RESÚA, LARA COSTA e
ESTHER SÁNCHEZ.
A vindeira semana
as Xuvenís non teñen partido, polo que descansan
SEGUNDA DIVISIÓN B
CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – C.V. SANTIAGO: 0-3
(13-25/26-28/15-25)
Dúas cuestión
foron determinantes para a derrota do equipo Sénior en tres sets, a primeira foi unha serie de imprecisións nos compases iniciais primeiro set, e a segunda cuestión foi o
desenlace final no segundo set, un set que puido ser para calquera, pero que o
final caeu do lado visitante.
Esas cuestións
foron claves para minar a moral das xogadoras locais e entregar un partido a un
equipo que se lle había gañado no encontro de ida disputado en Santiago.
Mal partido das Sénior, no que a sorte tampouco estivo con elas no segundo set |
Aparte das
imprecisións iniciais xa descritas anteriormente o comezo do partido, hai que
sumarlle os erros en recepción e unha boa defensa por parte do equipo Santiagués.
Iso propiciou que se abrise unha brecha no marcador, para que as de Santiago se
anotasen de xeito plácido o primeiro set.
No segundo as de
Boiro melloraron en tódolos aspectos e veuse un set moi igualado, coa
iniciativa no marcador por parte das locais case sempre, ata que no tramo
final, as nosas cometeron unha serie de fallos, que as visitantes aprobeitaron
para igualar o tanteador, en un final de set de infarto no que os dous equipos tiveron varias oportunidades de cerrar o set, foron as de Santiago as que se levaron o gato a auga e lograron facerse tamén
co segundo parcial.
Ante esta
contrariedade as locais baixaron os brazos, e entregaron a culler no terceiro
set, que as Santiaguesas non tiveron problemas en cerrar, e gañar un partido de
xeito merecido.
XOGARON: CELIA
PIÑEIRO, ROCIO POUSO, BEGOÑA TREUS, REBECA RESÚA, LIDIA PEREIRAS, MARÍA PEREZ.
LÍBEROS: ESTHER SANCHEZ e SANDRA CASTAÑO. Tamén tiveron a súa oportunidade: EVA
REGADES, SILVIA SUÁREZ, LARA COSTA e SARA LOJO.
O equipo sénior
desprazase para a vindeira semana a Vigo para xogar co BLACK VOLEY VIGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario