martes, 17 de marzo de 2015

Crónica da Segunda Xornada da Fase Interzonal de Ascenso a Liga Galega Xuvenil Feminina


ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO

3-0 (25-22/25-18/25-14)

Partido para esquecer o que xogaron as nosas Xuvenís o pasado Sábado no Municipal de San Sadurniño, no que a única nota positiva que se pode sacar é que a pesares do mal resultado colleitado nesta segunda xornada, as do Atlético seguen dependendo de si mesmas para superar esta fase, de cara a última e decisiva xornada que se disputará a vindeira fin de semana en terras Ourensáns.

Comezou o primeiro set, con moito respeto e igualdade entre os dous equipos, con intercambio de puntos e alternancia no marcador por ambas partes, ata que as do Atlético lograron unha leve avantaxe de 3 puntos no tramo medio do set con 13-16 a favor. Ese foi o momento clave do partido, onde as de Boiro deixaron escapar esa situación favorable e concederon un parcial de 8-0 as locais, que se situaron con un 21-16, a pesares de se esgotaren os dous tempos mortos. Unha vez recuperadas de ese baixón, as do Atlético tentaron de reaccionar, pero xa era demasiado tarde, e as de San Sadurniño souberon administrar a renda para cerrar o primeiro set por 25-22.
As Xuvenís nun tempo morto durante o partido
No segundo set, as de Boiro non saíron con bo pe, se cabe aínda un pouco tocadas polo revés sufrido minutos antes, e no comezo cederon un parcial de 07-0 que determinaría o desenlace final do segundo asalto, porque unha vez repostas do baixón inicial, non deron co xogo necesario para acurtar esa distancia, e con un intercambio de puntos, chegouse o final do segundo set coa vitoria local por 25-18, mantendo as de Sansa os sete puntos da avantaxe inicial dos que gozaron.
A medida que avanzaba o partido as do Atlético cada vez sentíanse mais incomodas, e este feito quedou patente no terceiro e definitivo set, mostrando un xogo do peor que teñen feito esta tempada sen dúbida. As de Ferrol Terra non tiveron problemas en cerrar un partido, que a priori esperaban mais complicado dada a derrota que sufrirán a semana anterior en Boiro. Quedando o terceiro set, nun desalentador 25-14.


XOGARON POLO ATLÉTICO BOIRO: CELIA PIÑEIRO (14), CARLA NINE (5), CLAUDIA GÓMEZ (7), SARA LOJO (8), EVA REGADES (18), LARA COSTA (12). Líberos: SANDRA CASTAÑO (6), ESTHER SÁNCHEZ (10). Tamén dispuxeron da súa oportunidade: REBECA RESÚA (9) e SILVIA SUÁREZ (17)


Merecida vitoria para o San Sadurniño, que se cadra, esta produciuse mais pola acumulación de erros das nosas que polo propio acerto das locais. Duro revés nas aspiracións das do Atlético Boiro, que podían ter deixado sentenciado o pase a seguinte ronda, quedando todo pendente para a última xornada en Ourense, na que calquera dos tres equipos pode pasar ou quedar eliminado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario