PARTIDO DE VOLTA DA PROMOCIÓN
DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL.
O vindeiro Domingo 19
as nosas Xuvenís viaxarán pola tarde a Cidade de Ourense para afrontar o
partido de volta da Promoción de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, co reto de
poder remontar o resultado adverso do partido de ida por 1-3, que lles daría o
billete para a final da promoción e loitar por unha das prazas dispoñibles entre
as mellores de Galicia a vindeira tempada. A empresa non semella doada, pero
tampouco é un imposible, se as rapazas son quen de mostrar a súa mellor
versión.
DOMINGO 19 DE ABRIL AS 16:30 NO
I.E.S. A CARBALLEIRA
DOMPA GESTIÓN – CLUB VOLEIBOL
ATLÉTICO BOIRO
O Club poñerá a
disposición de todos aqueles que non se queiran perder o partido e animar as
Xuvenís un Autobús. Hora de saída: Domingo as 13:30.
¡¡MOITA SORTE E A LOITAR!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario