venres, 3 de abril de 2015

PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL. SEMIFINAL

Despois de teren acadado o primeiro posto na Fase Inter Zonal, as nosas Xuvenís afrontan este Sábado día 04 de Abril no P.M. BARRAÑA o partido de ida da eliminatoria da Promoción de Ascenso a Liga Galega contra as últimas clasificadas da Liga Galega, o DOMPA GESTIÓN de Ourense.
Un enfrontamento dobre partido que decidirá que equipo pasará a eliminatoria  Final que dará unha praza para estar a vindeira tempada entre os dez mellores equipos de Galicia en categoría Xuvenil.

SABADO 04 AS 19:00 h. P.M. BARRAÑA

CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – DOMPA GESTIÓN

O partido de volta terá lugar na Cidade das Burgas o día 18 de Abril.


MOITA SORTE AS NOSAS XUVENÍS NESTE INTENTO DE DAR OUTRO PASIÑO MAIS DE CARA O ASCENSO

Ningún comentario:

Publicar un comentario