COMEZAN AS LIGAS SÉNIOR
E XUVENIL
Esta tempada comezan
as nosas xogadoras mais cedo do habitual a competir nas respectivas Ligas, con
estreo de formato, sendo a nova denominacións en Sénior e Xuvenil de SEGUNDA
DIVISIÓN AUTONÓMICA.
A competición Sénior
consta de sete equipos nos que ademais das nosas están: ZONA LIBRE VOLEIBOL (de
Sarria), As veciñas do FISIOTERAPIA CINESIA NOIA, O CALASANCIAS CORUÑA B, O
BLACK VOLEY VIGO, ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO (Da zona de Ferrol Terra), E O XAV
CAMBADOS.
Nesta primeira xornada
as nosas xogadoras lles toca descansar, e realizarán a súa estrea a vindeira
semana en Cambados.
No tocante as Xuvenís
quedan encadradas nunha liga de nove equipos na que non hai unha clara favorita
e se pode dar calquera resultado. As participantes ademais das nosas son:
O C.V. SANTIAGO,
CONCEPCIÓN ARENAL (Ourense), AS veciñas do MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL RIANXO,
CLUB VIGO VOLEIBOL, VAGALUME FERROL, AS MARIÑAS OLEIROS (Da zona de Coruña),
XAV CAMBADOS e O C.V. XIRIA (de Carballo)
As nosas estréanse
esta fin de semana no seguinte horario:
SABADO 10 de OUTUBRO AS
17:00 P.M. BARRAÑA
CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO
BOIRO - AS MARIÑAS OLEIROS
*Moita sorte as nosas Xuvenís
Ningún comentario:
Publicar un comentario