Equipo infantil feminino no deporte escolar:
As infantís a espera do saque |
Nesta competición comenzaron as nosas xogadoras infantís,
que na mañá do sábado disputaron dous encontros contra a E.D. Padrón e IES de Ames, respectivamente, saltándose con derrota para as nosas por 2-0 en ambos
partidos.
Temos material de sobra para traballar, xa que a nosa
adestradora do equipo infantil Patri Rodríguez, logrou xuntar a un grupo
numeroso de xogadoras en idade infantil. Agora toca traballar arreo con elas xa
que son o futuro do noso Club.
Equipo xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
IES de Ames B 2 - 3 Atlético Boiro
(26-24/19-25/23-25/25-15/10-15)
Nova victoria a domicilio das xogadoras xuvenís, esta vez
contra un combativo IES de Ames B, en un partido igualadísimo, tal e coma
indican os parciais. O primeiro set comenzou co equipo local intentando impoñer
o seu xogo e distanciarse no marcador, pero as nosas xogadoras non querían
ceder, o que deu lugar a unha tónica na que as de Ames se distanciaban en 3 e 4
puntos e as boirenses igualaban posteriormente, esta situación mantívose ata a parte
final do set, que reflexababa un 22-19 para as locais, cando unha racha
positiva de saques ocasionada por Paola Joaquin, que neste partido estivo
especialmente atinada, mostrou unha gran motivación e foi sen dúbida unha das
máis destacadas do encontro, situaba o marcador en 22-24 o que suponía duas
oportunidades para pechar o set, pero outra vez traicionaronlle os nervios as
nosas, e con dous remates fallidos e unha recepción que se foi a fóra,
entregábanlle o equipo local un set que tiñan gañado, total 26-24.
Paola Joaquin no remate |
O segundo set comenzou coas Boirenses tocadas anímicamente
tras o revés que supuxera o perder de esa maneira o anterior set, e deu lugar a que as xogadoras locais moi motivadas se distanciaran ampliamente, dende o
principio, ata mediado o set, disfrutando de parciais de 4-10 e 6-12. Despois
de un tempo morto solicitado polo adestrador do Atlético as xogadoras sairon
moi centradas, e ofrecendo un xogo serio,
sen fisuras e con moita seguridade, polo que lograron igualar e distanciarse en
cinco puntos, gracias en gran medida a aportación colectiva, pero tamén
novamente a saques e remates de Paola, que neste partido tiña estrela,
conseguía numerosos puntos e disfrutou de outra racha de saques. Estas ventaxas
de 5 e 6 puntos manteríase ata o final do set con 19-25.
O terceiro set foi un calco do primeiro, pero esta vez con
un desenlace ben distinto, un Ames que se distanciaba no marcador en 3 e 4
puntos, e unhas Boirenses que non cedían e igualaban continuamente e se
distanciaban no tramo final, pero esta vez, non deixaron escapar a oportunidade,
pecharon o set, gañando pola mínima 23-25 e situando o 1-2 no marcador.
No cuarto set as xogadoras locais entraron moi centradas, e
gracias a que descubriron un filón en zona I das Boirenses, lograban numerosos
puntos e alonxaronse de unha forma amplia, que sería definitiva, o
adestrador do Atlético Boiro intentou solventar esa situación con cambios, pero
non foi posible, despois optou por cambiar a algunhas xogadoras para darlles
algo de descanso de cara o eminente 5º set que se acercaba.
Un quinto set que comenzou cas Boirenses moi centradas e
apoiadas por un gran saque de Rebeca Resúa, facían o cambio de campo con un 5-8
favorable as nosas, as xogadoras locais empezaronlle a entrar as dudas e os
nervios, ante a perspectiva de perder un encontro que non contaban perder e non
aguantaron a presión, empezaron a precipitarse no xogo, nin completaban as
xogadas, intentando mandar balóns o segundo toque, en un intento de puntuar a
desesperada na zona I que no anterior set lles saira tan ben, pero as nosas
taparon a zona, mantiveron unha calma relativa, tendo en conta os típicos
nervios dos sets de desempate, e completaban a maior parte das suas xogadas,
con todo iso finalmente lograron pechar o set 10-15, situando o definitivo 2-3.
Xogaron: Celia Piñeiro, Carla Nine, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Ángela Alves e Paola Joaquin, coma líberos Sandra Castaño e Noelia Mariño. Tamen xogaron: Lara Costa, Sara Lojo, Carmen Gey e Lara Gómez.
Esta victoria supón unha vacina de autoestima para as xuvenís,
xa que foron quen de gañar as segundas clasificadas no seu feudo. Un C.V. Ames B que no partido da primeira volta en Barraña, gañara sen apuros e de xeito
incuestionable por 0-3. Iso demostra a grande progresión que están a
experimentar as xuvenís, e abre moitas expectativas de cara a segunda volta, xa
que agora saben que lle pode gañar a calquera equipo da sua categoría.
Equipo senior feminino na Segunda autonómica B:
A.D. Xiria Asesoría Cervantes 3 - 0 Atlético Boiro
(25-21/18-25/15-25)
A nota negativa protagonizouna o equipo senior, que se
desprazou ata Carballo para xogar contra o Xiria, as segundas clasificadas da
categoría. Un partido que foron de mal a peor. Non comenzaron o partido coa
motivación necesaria para poder competir. As casusas máis probables a tal
despropósito poderían ser o cansancio acumulado por un desplazamento largo e
máis a desputa anterior de un intenso e igualado partido por parte das xuvenís, que se alargou ata as 2 horas, xa que 7 de elas forman parte regularmente do
equipo senior. A pesares de esas circunstancias que evidentemente teñen a sua
influencia, tamén hai que resaltar a falta de espíritu combativo que mostraron,
sumado a falta de experiencia da maior parte das suas xogadoras.
As rapazas a espera do saque |
O partido foi un monólogo do Xiria, que sen necesidade de
desplegar o seu mellor xogo, e en moitos casos con accións bastante sinxelas,
bastaballes para sumar puntos, e tomaren vantaxe cómoda no marcardor, soamente
no primeiro set se puido igualar o marcador no tramo final do mesmo, con empate
a 19, pero a falta de competitividade e entrega das nosas xogadoras xa fixo o
necesario para servirlle o set en bandexa de prata a un equipo local que non
realizaba en ningún momento un xogo brillante.
Conforme avanzaba o partido a desmotivación, o cansancio e a
apatía faciase mais patente no equipo visitante, que acabaron entegando un
partido sen moita mais historia as Carballenses, que se encontraron con unha
victoria sen apenas ter que facer nada, porque en moitos casos eran as propias
xogadoras boirenses que facian o necesario para entregarlle os puntos o equipo
contrario con numerosos erros en accións absurdas en moitos casos.
Agora toca a reflexionar a todo o equipo, en como afrontamos
os partidos mentalmente, independientemente do rival. E se esa mentalidade é apropiada ou non para poder competir en un partido, se o nivel de xogo mostrado
nos partidos é a medida real máxima que pode dar cada xogadora.
Xogaron: María Pérez, Carla Nine, Lidia Pereiras, Celia Piñeiro, Rosana Ramos e Ángela Fernández, como líbero Sara Lojo. Tamén xogaron: Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Paola Joaquin e Lara Costa.
Como se dixo neste Blog con anterioridade: Somos o equipo mais xoven
da categoría e necesitamos de tempo, pero ademais de tempo, tamén necesitamos
un pouco mais de fe e entrega na desputa dos encontros.
Noraboa ao equipo xuvenil por esa gran victoria nun partido tan emocionante como o que foi. Confiamos en que agora tendes a confianza necesaria para plantar cara ao que vos veña por diante. A seguir mellorando rapazas :)
ResponderEliminar