AS
XUVENÍS LOGRAN O PASE DE INTER ZONAL COMO PRIMEIRAS E ESTÁN EN DISPOSICIÓN DE
LOITAR POLA PRAZA DE ASCENSO A LIGA GALEGA
CONCEPCIÓN
ARENAL BURGAS VOLEIBOL – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO
0-3
(22-25/17-25/20-25)
Carla tirandose a por unha finta ante a atenta mirada das compañeiras |
Vitoria en tres sets
do equipo Xuvenil Feminino, que lles serve para clasificarse coma primeiras na
Fase Inter Zonal e continuar pelexando polo ascenso de categoría. Nun partido
moi ben levado, o disputado o pasado Sábado en Ourense diante do Concepción Arenal
Burgas Voleibol, no que en ningún momento o equipo de Boiro foi por debaixo do
marcador, maila que as Ourensáns ofreceron bastante resistencia, sobre todo no
apartado defensivo.
As Xuvenís en un tempo morto |
Os tres sets foron na
práctica un calco, as do Atlético cobraban avantaxe dende o principio grazas os
erros en ataque das locais, pola contra as nosa con un xogo mais ordenado, e
tendo claro como competirlles, levaban a iniciativa con ataques controlados e
apoiadas nunha defensa aceptable. Isto propiciaba que se viran xogadas longas
dada a boa defensa-recepción das de Ourense, pero sen moitas ideas en ataque,
acababan cometendo erros despois de puntos moi disputados.
Estas rendas que
tomaban as de Boiro lles servía para chegar o tramo final coa suficiente
vantaxe como para non pasaren apuros, pero a garra e o espírito de loita que
mostraron as do Concepción Arenal, facíalles achegarse no marcador e axustaren
os parciais, pero aínda así non foi suficiente. Cedendo o primeiro por 22-25 e
o segundo por 17-25.
Ángela en Recepción |
No terceiro set o
adestrador de Boiro, sabendo que xa estaban clasificadas polo feito de teren
gañado os dous primeiros parciais, decidiu premiar con xogo as xogadoras que
foran suplentes, que en todo momento mostraran unha boa actitude animando as
titulares. O equipo non acusou estes cambios e puido asinar o terceiro set por
20-25 e gañar o partido pola vía curta 0-3
XOGARON POLO ATLÉTICO
BOIRO: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, LARA COSTA, REBECA RESÚA, EVA REGADES, SARA
LOJO. Líberos: SANDRA CASTAÑO e ESTHER
SÁNCHEZ. Tamén xogaron, ANGELA ALVES, SILVIA SUÁREZ e CLAUDIA GÓMEZ.
O equipo Xuvenil agora terá
que superar dúas eliminatorias que se antollan complicadísimas contra equipos
de Liga Galega, para acadar un ascenso que este ano está mais caro ca nunca
dado a nova Normativa aprobada pola Federación Galega de Voleibol que
acurta para a vindeira tempada a Liga Galega a dez equipos, en vez dos doce que
había ata este ano.
A primeira pedra no
camiño será outro equipo Ourensán, o DOMPA GESTIÓN, que se medirán coas nosas
nunha eliminatoria a dobre partido, sendo o de ida no P.M. BARRAÑA o 11 de
Abril e o de volta en Ourense para a seguinte semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario