martes, 31 de decembro de 2013

Dende o Club Voleibol Atlético Boiro queremos agradecervos que neste ano 2013 compartisedes con nós tantos momentos e nos apoiasedes para chegar a alcanzar a victoria en varias ocasións e non deixar que nos viñesemos a baixo en ningún momento.
Neste ano que está a piques de rematar vivimos moitas cousas xuntos pero aseguramosvos que intentaremos que este ano que comezará en cuestión de horas sexa igual ou ainda mellor, lucharemos en cada momento e demostraremos que o noso nome é digno de ser recordado.


Sabemos que somos un clube moi recente e que aínda nos queda moito camiño por andar pero contando coa axuda dos nosos aficionados, como ata o de agora, confiamos en chegar lonxe.


2 comentarios:

  1. FELIZ ANO A TODOS :) espero que este ano vos traia as maiores alegrías e sexa dos mellores da vosa vida

    ResponderEliminar
  2. Este ano 2014 será para recordar como o 2013 e como todos os que levamos xuntos. Feliz ano a esta gran familia... Como vos non ai ningun equipo mais !! QUERESEVOS UN MONTÓN E A SEGUIR MELLORANDO !!!!!!

    ResponderEliminar