Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 C.V. Noia
(23-25/13-25/14-25)
Na tarde do Sábado día 4, o equipo Senior Masculino do Atlético Boiro, xogou o seu primeiro partido da historia, un partido de carácter amigable, que non puido ter mellor rival que o C.V. Noia, actual campión da Segunda División Autonómica e segundo clasificado nestes intres. Neste partido os Noieses demostraron que ademais de ser un gran equipo está formado por excelentes persoas, unha das principais premisas de calquer deportista, concepto que na actualidade, lamentablemente está bastante en desuso.
O encontro desenvolveuse en un ambiente de cordialidade e deportividade absoluta, na que os Noieses a pesares de acudir con varias ausencias dominaron o xogo e tanteador de principio a fin.
Ambos equipos xuntos tras o remate do encontro |
O primeiro set comenzou cos de Noia distanciandose pronto en 7 puntos debido principalmente o mal posicionamento defensivo dos nosos xogadores, pero xa avanzado o set os Boirenses foron correxindo esa situación e unido a un bache de xogo dos visitantes, fixo que se apretase o marcador no tramo final do set, cando reflexaba un sorprendente empate a 23, momento no que o Atlético errou o saque e na seguinte acción o ataque, entregandolle o primeiro set os Noieses. 23-25
O segundo e terceiro set transcurriron de xeito similar, un Noia que dende principio poñía terra de por medio, sen necesidade de desplegar o seu mellor xogo, simplemente asegurando máis tódalas súas accións, sen dar opción o equipo local en ningún momento, ata chegar a un 13-25 e 14-25.
Unha vez rematado o encontro, con victoria indiscutible do C.V. Noia, os seus xogadores tiveron a xentileza de propoñer outro set os locais, un xesto que di moito da calidade humana de este equipo, que os nosos aceptaron gustosamente xa que lles viña moi ben para rodarse coma conxunto. Set que tamén caeu do lado do Noia.
Dende aquí queremos agradecerlle o C.V. Noia que tivesen a ben disputar un encontro amigable con nos, e desexamoslles moita sorte o resto de esta tempada e que poidan revalidar o título de Campións da Segunda, e nun futuro poidan encontrar o apoio económico necesario para poder disputar unha liga superior coma a Primeira Nacional, lugar que sen dúbida lles corresponde estar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario