VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO- CONCEPCIÓN ARENAL BURGAS VOLEI
(20-25/25-22/28-26/25-27/11-15)
Partido disputado
na tarde do Sábado no Polideportivo de Barraña, no que ante a importancia do partido,
acudiron numerosos siadeiros polos dous bandos, que estiveron todo o tempo
animando, feito que propiciou que se vivise un gran ambiente.
O partido
caracterizouse en que as defensas se impuxeron os ataques de ámbolos dous
equipos, sen que houbese ningunha xogadora que marcara as diferencias nesa
faceta.
Comezaron mais centradas
as xogadoras Ourensáns no primeiro parcial, con unha defensa férrea que lles
permitían contrarrestar todas as accións ofensivas das xogadoras do Atlético,
que ante a imposibilidade de puntuar levounas a cometer numerosos erros en
ataque, circunstancia que aproveitaron as de Ourense para distanciarse
amplamente no marcador, aínda así as locais lograron igualar o marcador a 20
grazas a que axustaron a defensa, con un maior acerto no saque e apoiadas polos
ánimos dos siadeiros, que esa tarde estiveron de dez. Pero co marcador
igualado, no tramo final, as xogadoras locais se viron superadas polos nervios e foron incapaces
de poder recibir o saque da xogadora numero 8 das visitantes, que non se antollaba
para nada complicado, que lles serviu para facer 5 puntos ante a imposibilidade
de recibir o saque as xogadoras locais, situando o 20- 25 que lle supoñía o
primeiro set as do Burgas.
Ángela Alves na recepción |
O terceiro parcial caracterizouse por puntos moi largos e disputados, alternativas no marcador, debido a que as defensas se impoñían con claridade os ataques, e ningún dos dous equipos quería dar o brazo a torcer. Nun tramo final de infarto anotáronse as locais o set por 28-26 adiantándose no partido por 2-1
No cuarto, as
visitantes comezaron o set un tanto coa moral minada, e mostrábanse erráticas
no saque e un tanto dubitativas, e as do Atlético mandando no marcador en todo
momento, pero sen que fora de xeito
claro, manténdose as distancias en 3 e 4 puntos. Unha leve reacción das do Burgas
nos últimos puntos fixo que se igualara o marcador e o xogo, pero inda así as de Boiro
dispuxeron de dúas bolas para o 3-1 e poder pechar o partido con 24-22 a favor,
pero foron desaproveitadas ante a ansiedade que lles ocasionou esa
posibilidade, e as de Ourense igualaron a 24, novamente se dispuxo de outra
oportunidade en un punto longo que parecía que non tería fin, acabou caendo do
lado visitante, e os puntos posteriores foron do mesmo xeito, moi disputados e
moi longos, no que a sorte estivo de cara das visitantes e situaron o 25-27 que
poñía o empate a 2 que abocaba os dous equipos a pelexar no 5º set polo
partido.
O quinto set comezou
coas do Burgas moi subidas de moral, grazas a vitoria do anterior parcial, no
que se vían co partido perdido. Moi animosas, e con mais fe pola vitoria,
distanciouse dende o principio no marcador, e fixeron o cambio de campo con 4-8
a favor, despois do mesmo, a situación continuaría igual, unhas xogadoras do
Burgas que sumaban puntos con moita facilidade, a pesares de que o adestrador local esgotou os tempos mortos, un Atlético Boiro gris e sen espírito
deixou escapar o 5º set ata un 5-14 que resultaba xa definitivo, pero inda así
tentaron recortar distancias, e lograron deixar o marcador en 11-15, xa que
nunha eliminatoria a dobre partido tódolos puntos contan.
Adiantase o
Burgas na eliminatoria, con vitoria a domicilio e tan so 6 puntos de renda para
o partido de volta, que fai presaxiar que vai a ser moi disputada, en unha
eliminatoria que inda está moi viva, na que calquera pode gañar. O partido de volta disputarase en Ourense o vindeiro Sábado 22. Se desexas saber os resultados do resto de enfrontamentos desta promoción pincha neste enlace http://www.fgvb.es/competiciones.asp?v=18&torneo=995
Xogaron polo
Atlético Boiro: Celia Piñeiro, Carla Nine, Andrea Baña, Rebeca Resúa, Lara Costa, Sara Lojo. Líberos: Sandra Castaño e Noelia Mariño. Tamén xogaron: Ángela Alves e Mayra Resúa e agardaron a súa oportunidade Esther Sánchez e
Silvia Suárez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario