luns, 10 de marzo de 2014

Próxima xornada

A pesar de que se acabasen as respectivas temporadas dos equipos senior e xuvenil non remataron os partidos para as nosas rapazas. Esta fin de semana as nosas rapazas do equipo xuvenil empezarán a disputar os play off de ascenso a liga galega, xogarán a primeira eliminatoria no seguinte horario:
Voleibol Atlético Boiro – Concepción Arenal Burgas Volei
Sábado 15 de Marzo ás 18:00 no Polideportivo Municipal de Barraña


Non perdades a oportunidade de darlles os vosos ánimos.

MOITISIMA SORTE RAPAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario