Equipo
xuvenil feminino na liga zonal xuvenil:
Voleibol Atlético Boiro 0 – 3 Xuvenil
Teis B
(11-25/22-25/23-25)
Mal
partido o disputado polas nosas rapazas a tarde do sábado no campo local. As
nosas xogadoras volveron pecar de excesividad de erros quizás polo feito de
saberen que disputarían os play off de ascenso a galega ainda que perdesen ou a
lesión de Carmen Gey no anterior partido.
Mayra Resúa na rede |
Fose polo que fose as rapazas
comezaron o partido sen a capacidade de concentración suficiente para seren
constantes no marcador, permitindo que o equipo visitante levase a vantaxe no
marcador só dedicándose a tarea do saque, o cal cando as nosas rapazas
conseguían recibir acababan por quedar na rede ou irse fóra por non controlaren
o ataque, levandoas a perder o primeiro set por 11-25.
O
seguinte set foi moito mellor que o anterior, as do Atlético levantaban os
balóns na recepción e pouco a pouco iban realizando alguna que outra xogada
pero sen chegar a alcanzar a intensidade suficiente para coller un ritmo que
lles levase a arrancarlle un set ao equipo
de Teis, perdendo por un pequeno marxe de 22-25.
O
terceiro e derradeiro set foi máis similar ao segundo que ao primeiro, chegando
a estaren igualados no marcador ambos equipos, mais non foi o suficiente para
intentaren ir a polo cuarto e a mínima foise co equipo vigués que levaba así a
revancha á victoria a domicilio que lle serviron as nosas no partido da
primeira volta.
Xogaron:
Celia Piñeiro, Carla Nine, Mayra Resúa, Rebeca Resúa, Ángela Alves, Sara Lojo,
Lara Costa, Silvia Suárez, Andrea Baña, e como líberos Noelia Mariño e Sandra
Castaño.
Equipo
senior feminino na Segunda Autonómica B:
Voleibol Atlético Boiro 0 – 3 Black
Voley Vigo
(24-26/20-25/23-25)
Mellor
partido que o do equipo xuvenil foi o disputado polo equipo senior a pesar da
derrota e da ausencia da receptora Lidia Pereiras. Non é que as nosas xogadoras
tuvesen unha marxe de acerto maior que as súas compañeiras mais foron capaces
de non deixar que o equipo visitante se marchase tan fácilmente no marcador
como no partido anteriormente disputado.
Ángela Alves na recepción |
As
rapazas comezaron o partido a un nivel similar ao das súas contrincantes, sen
deixar que se distanciasen moito no marcador, ata que, como de costumbre,
chegaron a un momento en que comezaron a afloxar en tódolos ámbitos do xogo
pero por pouco tempo xa que pronto se volveron a meter no xogo e alcanzaron ao
Black Voley non marcador, estando tan igualados que un punto 25 non foi
suficiente para que lles levasen o set mais o último erro dese set permiteulle
ao equipo visitante levar o primeiro tanto.
O
segundo set comezou con máis intensidade chegando a iren as nosas rapazas catro
puntos por encima no marcador cun 8-4, o que facía presaxiar que sería un set
con mellor resultado que o anterior ainda que ca chegada ao saque dunha das
xogadoras do equipo vigués a nosa recepción comezou a flaquear e permiteulles
aventaxarse no marcador e conseguir unha vantaxe máis grande da que o equipo
local posuía nese momento.
O
derradeiro set comezou con cambios drásticos no plantel do equipo local,
cambiando a unha das receptoras polo líbero ca esperanza de que este cambio lle
dese o empuxon que precisaba o equipo para virse arriba. Pese a eso as rapazas
non daban logrado alcanzar o nivel de xogo que demostran en moitos dos adestramentos
e ibanse quedando un pouco atrás no marcador, sólo alguna pequena racha de
saques lles facía recuperar as ganas por momentos pero sin ser suficiente e
deixando que o equipo visitante se levase o set pola mínima.
Xogaron
Celia Piñeiro, Carla Nine, María Pérez, Rosana Ramos, Ángela Alves e Ángela
Fernández, como líbero Patricia Rodríguez, tamén xogaron Lara Costa, Rebeca
Resúa, Mayra Resúa, Andrea Baña e Sara Lojo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario