xoves, 23 de outubro de 2014

Comezamos unha nova temporada

Despois dun par de meses en que o único balón que tocaron as nosas rapazas para competir foi o de volei plaia, os nosos equipos volven empezar a competición do voleibol sobre a pista.
Esta fin de semana tanto o noso equipo xuvenil como o senior comezarán as súas respectivas ligas, en ambas ocasións como equipo visitante, nos seguintes horarios.

O equipo xuvenil feminino na liga zonal feminina:
Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo - Club Voleibol Atlético Boiro
sábado 25 ás 10:30 no Municipal de Rianxo

O equipo senior feminino na segunda autonómica B:
Zona Libre Voleibol - Club Voleibol Atlético Boiro
sábado 25 ás 19:00 no Pabellón Municipal O Chanto (Sarria)

En cambio o equipo cadete que lle tocaba visitar As Mariñas Oleiros terá que esperar para disputar o seu primeiro partido da temporada debido a que se aplazou.


Moita sorte rapazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario