Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo 3 - 0 Club Voleibol Atlético Boiro
(25-18/25-21/27-25)
Mal partido do equipo Xuvenil, no que unha deficiente recepción e o
desacerto en ataque condenaron irremediablemente a unha derrota no estreo da
Liga ante o equipo Rianxeiro.
Entraron en escena o Sábado pola mañá os dous equipos, cas nosas moi
descentradas nos puntos iniciais, e pola contra as de Rianxo saian a querer
impoñer o seu ritmo de xogo, isto propiciou que se adiantasen as Locais con un
9-2 que propiciou que levasen o set con comodidade. Reaccionaron as de Boiro,
pero cando se deron de conta que estaban nun partido, e empezaron a xogar, xa
era demasiado tarde e o Mexillón de Ouro cerrou o parcial con un 25-18 que a
postre foron os 7 puntos que lle concederon o principio do set.
O segundo set comezou co xogo igualado por parte dos dous equipos, vivíndose
numerosas alternativas no marcador, ata a igualada no punto 20, no que a partir
de iso produciuse un punto de inflexión no que as rianxeiras estiveron mais
acertadas no apartado de saque e no ataque, principalmente por zona III que
situou o 25-21
O adestrador aconsellando as xogadoras |
No terceiro set as de Boiro non se querían render, e foi entón cando
mostraron a súa mellor cara, mellorando en tódolos aspectos. Iso propiciou que
se distanciaran as nosas no marcador de xeito amplo, con diferenzas de 5 a 7
puntos, pero a partires dos 19 puntos, e xa próximas a pechar o parcial,
empezaron a conceder puntos de xeito inexplicable debido a falta de oficio que
demostra este grupo, facéndoselles cada vez mais difícil o puntuar, a pesares
de iso as nosas disfrutaron de 3 oportunidades de pechar o set, que as
estragaron de xeito decepcionante mandando o balón fora en tres accións
consecutivas, que iso delata unha falla de mentalidade preocupante que as
incapacita ante un rival que xa se daba por perdido o parcial. Ante iso as
xogadoras locais aceptaron gustosamente o regalo concedido polas nosas, e
pecharon o último parcial ante a primeira oportunidade que tiveron con outro
ataque enviado a fora polas nosas (como non)
Decepcionante derrota, mais tendo en conta os últimos adestramentos que
viñan realizando as Xuvenís, que son incapaces de demostrar sobre o campo ese
nivel que se lle presupón vendo os adestramentos.
Outro aspecto negativo é a falla de personalidade do grupo, hai xogadoras que se tiñan que erexir para
liderar o resto do equipo, pero nos momentos da verdade non afrontan a
situación e non dan a cara. Tamén chama a atención a falla de alegría a hora de
celebrar os puntos, da a sensación de que non gostan de este deporte.
Zona Libre Voleibol 3 - 2 Club Voleibol Atlético Boiro
(24-26/25-17/15-25/25-17/15-09)
Despois de unha longa viaxe o Sábado pola tarde, presentábanse as nosas
xogadoras sénior en Sarria para xogar contra o equipo local, un combinado que
presentaba numerosas carencias de xogo, pero con unha defensa moi férrea e un espírito
inquebrantable de loita, que as facía levantar bolas imposibles e xogándose o
físico en numerosas ocasións.
Con esas premisas comenzaba o encontro, con unhas xogadoras locais que se
atopaban moi comodas asumindo o seu papel defensivo e cedendo totalmente a inciativa
de xogo as de Boiro, despois de un primeiro set mandando as locais grazas os
erros das nosas, pero aínda así lograron
igualar o tanteador no tramo final, impoñendose as do Atlético pola mínima por
24-26.
Rocío Pouso no saque |
No segundo set comezaron bastante desacertadas en recepción e ataque as
xogadoras do Atlético, e ante un equipo que vive dos erros contrarios, foi
suficiente para que se distanciaran no marcador e pecharen o parcial sen mais
historias 25-17.
Mais as cousas cambiaron no terceiro set, as nosas saíron mais confiadas e
da man de unha atinada Rocío nas súas accións de ataque, marcaban diferenzas
notables con relativa facilidade, ata chegar a un claro 15-25.
No cuarto set as xogadoras locais apretaron en defensa e devolvían todo as
nosas, que incapaces de xestionar a inciativa de xogo, remataban por enviar
balóns fora despois de xogadas disputadas, iso uneuselle a numerosos fallos en
saque e algunha que outra recepción errada, levou o 25-17 que forzaba o 5º set.
Un quinto set que comezaba coas nosas xogadoras agarrotadas e con nervios
que lles imposibilitaba coller un saque a priori fácil da Xogadora nº 3 do
Sarria que propiciaba o distanciamento inicial que a postre foi definitivo,
despois de unha leve reacción por parte das nosas, cambiouse de campo con 8-5 a
favor das locais, e despois de un par de erros en recepción por parte das nosas
e mais un par de xogadas disputadas que caeron do lado local, chegaron as de
Sarria con unha avantaxe considerable ata os puntos finais e pechar o 5º set e
a vez un partido moi disputado.
O susto da tarde propiciouno a xogadora local nº 3 que nun dos últimos
puntos do partido que foi moi reñido deuse un forte golpe, batendo coa cabeza
contra o chan, despois de tropezar contra unha xogadora do mesmo equipo.
Afortunadamente quedou nun susto e despois de uns minutos co xogo parado puido
sair da pista polo seu propio pe axudada polas súas compañeiras.
Hai que destacar o debut de Begoña, unha rapaza que comenzaba este verán
con nos e que xogaba por primeira vez un partido oficial de Voleibol, tendo
unha meritoria actuación tendo en conta o pouco tempo que leva practicando este
deporte.
Tamén se produciu o debut da xuvenil Esther en categoría Sénior, xogando de
Líbero, tendo unha boa actuación por momentos.
Xogaron polo Club Voleibol Atlético Boiro: Celia Piñeiro, Rocío Pouso, Begoña Treus, Lara Costa, Sara Lojo, María Pérez e Esther Sánchez como líbero. Tamén xogaron Patricia Rodríguez e Rebeca Resúa.
Para a vindeira semana tódolos equipos das distintas categorías do noso
Club disputaran os seus respectivos encontros na cancha do Xiria en Carballo.
Moi ben equipo senior, boa forma de comezar a temporada, superando todo o que ata o de agora conseguiramos nesa categoría, estou orgullosa de vos, agora a seguir nese ritmo e a non baixar. Sodes grandes.
ResponderEliminarEquipo xuvenil, o importante non é como se empeza se non como se acaba, asique a partir a demostrar todo o que adestrades porque sabedes que o sábado tiñades capacidade para haberlle ganado a Rianxo, a próximaa vez a dalo todo.
Moita sorte rapazas :)