domingo, 23 de novembro de 2014

RESULTADOS DA XORNADA NÚMERO 05 (22.11.2014)

Equipo cadete feminino na Liga Zonal Cadete:
Club Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 C.V. Naron Volea
(20-25/23-25/21-25)

Partido xogado na mañá do Sábado, no que as nosas pequenas que seguen coa súa adaptación a competición oficial, si ben mostraron unha leve melloría no xogo, non foron quen de xestionar adecuadamente as rendas que conseguían, caendo finalmente por causa  do nerviosismo e a inseguridade, que as levaba o erro.
As Cadetes seguen coa súa aprendizaxe
Un partido típico destas categorías, no que o acerto no apartado de Saque e Recepción foi determinante no desenlace do partido. Cabe destacar as grandes vantaxes que desperdiciaron as nosas xogadoras, estragando incriblemente unha renda mais que formidable no segundo parcial de 18-06 que as poñía nunha situación inmellorable para anotarse o set, pero que desaproveitaron estrepitosamente a causa da falta de experiencia que ten este grupo.
No terceiro set pasou algo similar, pero en menor medida, sendo a renda inicial de 14-04, que tamén terminarían por desperdiciar.
Queda moito traballo por diante con este grupo das Cadetes, pero son moitas as expectativas que xeran xa que mais da metade de elas están en idade infantil que compiten nunha liga de superior categoría, na que van dando os primeiros pasos, con unha grande marxe de mellora.

XOGARON: Minerva Vázquez, Talita Ricellys, Eva Regades, Lara Rodríguez, Vera Rodríguez e Zaida Vázquez. Tamén dispuxeron da súa oportunidade, Ainhoa Santos, Alexia Vázquez e Miriam Pérez.


Equipo senior feminino na Segunda Autonómica B:
Club Voleibol Atlético Boiro 3 - 2 Black Voley Vigo
(21-25/25-22/12-25/25-21/15-08)

Nova vitoria do noso equipo Sénior, esta vez en un partido moi disputado no que o xogo non foi tan bo como no anterior partido que xogaran en terras Santiaguesas, pero si que foi mais emocionante, debido a incerteza do resultado, xa que puido caer a vitoria en calquera lado.
O primeiro set comezou de xeito igualado, no que as xogadoras Viguesas acadaban pequenas rendas, que eran neutralizadas polas nosas de xeito rápido, ata que a mediados do set, as xogadoras locais cometeron un repertorio de erros en ataque que propiciou que as visitantes se distanciaran para pechar o primeiro parcial por 21-25.
No segundo as nosas anotaríanse o set grazas a unha formidable efectividade en saque, que as xogadoras visitantes tiñan moitos problemas para recibir e devolver en xogada. Destacando neste apartado Rocío Pouso e Eva Regades, que dispuxeron de a cada súa racha, que fixo que se abrise unha brecha no marcador de 20-10, pero a pesar de iso as nosas pasarían apuros para gañar o parcial debido o nerviosismo que fixo presenza nos momentos finais, inda así gañaron o segundo parcial por  25-22.

O terceiro asalto comezou sen que as xogadoras locais se sacudiran os nervios de encima, e nun set para esquecer no que cometeron numerosas imprecisións en tódolos apartados do xogo, pero mais se cabe na recepción, rematou con un merecido 12-25.
As Sénior logran unha nova vitoria
Parecía que aí se quedaría todo, coas nosas xogadoras visiblemente tocadas, pero chegaría a reacción local da man de un cuarto set, que foi un calco do segundo, co acerto en saque que volveu a aflorar, sumado as boas accións de ataque das dúas receptoras, tanto Lidia Pereiras e novamente  Rocío Pouso asumiron o peso do equipo, e levounas a conseguir unha renda ampla, que se vería reducida no tramo final, pero inda así sería suficiente para que  asinaran o cuarto set por 25-21 e forzar o desempate.
Un desempate que grazas as renovadas ilusións das nosas, se anotarían con facilidade, exceptuando os primeiros puntos nos que puxeron algo de resistencia as xogadoras de Vigo, despois de eses puntos iniciais, as xogadoras do Atlético comezarían a sumar ata o cambio con 08-03, esta vez os nervios non se fixeron presentes, e moi animosas foron administrando esa renda ata o 15-08 que lles daba a vitoria no encontro.
No apartado persoal hai que mencionar a labor das dúas receptoras, pero en maior medida a de Rocío Pouso, moi acertada en saque con numerosos aces, e mais en ataque, no que tamén conseguiu unha boa contía de puntos.
Lara Costa, que reapareceu despois de unha lesión na man que a tivo afastada durante dúas semanas, a pesar de que non gozou da titularidade, unha vez que entrou xa se quedaría,  levando a cabo boas accións de ataque durante o partido.
Tamén hai que destacar a mais pequena do grupo Sénior, a xogadora en idade Infantil  Eva Regades, que neste partido tiña a difícil misión de dirixir o ataque das Sénior, tarefa que resolveu con nota, indo de menos a mais, tamén dispuxo de un grande acerto en saque.
XOGARON POLO C.V.A.B.: Eva Regades, Rocío Pouso, Begoña Treus, Rebeca Resúa, Lidia Pereiras, María Pérez e como Líbero, Esther Sánchez. Tamén xogaron, Lara Costa, Silvia Suárez e Ángela Alves.



Ningún comentario:

Publicar un comentario