xoves, 11 de decembro de 2014

Horarios desta xornada

Esta fin de semana dúas das nosas categorías volven a pista de Barraña para disputaren os seus respectivos partidos de liga. Mentres, o equipo senior descansará tras o segundo partido consecutivo aplazado.
As categorías cadete e xuvenil xogarán na tarde do sábado no seguinte horario:

Equipo cadete feminino na Liga Zonal Cadete:
Club Voleibol Atlético Boiro - Zalaeta B
ás 16:00

Equipo xuvenil feminino na Liga Zonal Xuvenil:
Club Voleibol Atlético Boiro - XAV Cambados-Thelma
ás 18:00

Moita sorte ás xogadoras e agardamosvos aos aficionados para animar as nosas rapazas nesta tarde de sábado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario