Equipo cadete feminino la Liga Zonal Cadete:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 A. D. Xiria Volei
(21-25/19-25/15-25)
As cadetes na recepción |
A pesares da
clara derrota, as cadetes non ofreceron un mal xogo no partido xogado na tarde
do Sábado en Barraña. O que inclinou a balanza do lado visitante foi a falta de
constancia no apartado de saque- recepción, que nestas categorías a postre,
termina sendo determinante no desenlace dos partidos, fora de iso, nas nosas
vaise notando unha melloría a hora de enlazar xogadas completas, púidose ver durante
o partido, xa varias accións de xogo que terminaron con remate positivo para as
nosas, destacando nese aspecto Claudia Gómez, que conseguiu materializar varios
remates durante o encontro. Malia iso e mais os puntos que aportaron, tanto ela
coma Eva Regades en saque, que sobre todo a segunda logrou encadear varias
rachas de aces durante o encontro, non serviu para que o Xiria se anotase o
partido merecidamente.
Seguen coa súa
aprendizaxe en competición o grupo cadete, un equipo que lle fai falla mais
rodaxe para poder competir, xa que lembremos que a maior parte das súas compoñentes
non levan nin un ano neste deporte, e varias de elas aínda están en idade
Infantil. Se seguen nesta liña, con traballo e tempo, de seguro que se logrará
un bo equipo.
Xogaron Minerva Vázques, Anais Castro, Lara Rodríguez, Ainhoa Santos, Claudia Gómez e Eva Regades. Tamen dispuxo do seu momento Miriam Pérez.
Equipo xuvenil feminino na Liga zonal xuvenil:
Voleibol Atlético Boiro 3 - 2 A. D. Xiria Gestiver
(10-25/25-08/23-25/25-18/15-10)
Partido
caracterizado pola irregularidade dos dous equipos, no que as de Boiro lograron
facerse co mando do partido nos dous últimos parciais, para anotar a súa
segunda vitoria consecutiva neste 2015.
Equipo senior na defensa |
Comezaron mal as
nosas, moi erráticas no xogo, sobre todo no apartado do ataque, que as faría
cometer unha gran cantidade de erros. Pola contra as visitantes, sen arriscar
as súas accións, con un xogo mais seguro, lograron dende o principio unha
avantaxe ampla que se iría aumentando ata o final. 10-25.
No segundo set
cambiaron as tornas, e eran as locais que xogaban con mais acerto, logrando mais
efectividade no remate e case non cometían erros de ningún tipo. Xunto con unha
defensa excelente, foron quen de contestar con rotundidade a desfeita do
primeiro set, anotándose o segundo parcial por un incuestionable 25-08.
O terceiro set
comezou con un parcial de 0-5 a favor das visitantes, grazas a un saque por
parte da número 14, que as nosas eran capaz de recibir de xeito óptimo, unha
vez saídas de esa situación, instaurouse a igualdade no xogo, pero con unha vantaxe
desfavorable para as locais, a pesar de iso, foron recortando pouco a pouco o
longo do parcial ata chegar a igualarse o tanteador no tramo final, pero foi
entón cando os nervios fixeron presenza no equipo local, e novamente con
imprecisións no ataque, concederon o terceiro set as de Carballo, nun final
apretado 23-25, que situaba o 1-2 no marcador.
A partires de iso
foron as de Boiro mostraron a súa mellor versión de xogo, e facéndose co mando
do partido no cuarto set. Con unha moi boa defensa, un saque efectivo, e sen
erros no ataque, lograron xa dende o principio unhas rendas moi amplas durante
todo o parcial de 6-0, 10-01,17-07 chegando o 24-14, que maquillaron as
visitantes o marcador retrasando o último punto ata un 25-18.
Esta vitoria
deulles confianza as de Boiro para afrontar o quinto set, e xa dende un
principio víanse a todas convencidas da vitoria, esa sensación deulles alas e
se foron o cambio de campo con 8-4 a favor, e moi animosas chegaron ata o 15-10
que pechaba un encontro moi irregular pero a vez moi disputado.
Hai que destacar
neste partido o xogo aportado por Sara Lojo, que segundo as necesidades do
equipo tivo que xogar en dous postos distintos, central e receptora, e nos dous
puido render de xeito óptimo axudando o seu equipo.
Tamén cabe
destacar a xogadora do equipo Cadete en idade Infantil, Eva Regades, que a
pesares da súa xuventude e de xogar con rapazas de 4 a 5 anos maiores, sempre
aporta algo en tódolos partidos, chegando a facerse notoria a súa presenza en
moitas ocasións.
Xogaron Celia Piñeiro, Carla Nine, Lara Costa, Rebeca Resúa, Eva Regades, Sara Lojo, como líberos Sandra Castaño e Esther Sánchez. Tamén dispuxeron da súa oportunidad Silvia Suárez e Minerva Vázquez.
Equipo senior feminino na Segunda autonómica B:
Voleibol Atlético Boiro 0 - 3 A. D. Xiria Cervantes
(13-25/18-25/21-25)
Vitoria
incuestionable das líderes da competición, ante unhas xogadoras de Boiro coas
ausencias das Sénior Rocío Pouso, María Pérez e Andrea Baña, por motivos de
estudios, formouse un equipo composto case na totalidade por xuvenís, que non
puideron facer nada para evitar a derrota, que a excepción do primeiro set,
ofreceron un bo xogo, chegando a plantar cara o equipo de Carballo, en algún
tramo do partido.
O primeiro set
comezou de xeito desastroso para as locais, ante un saque do Xiria que eran
incapaces de recibir as nosas a causa dos nervios. Isto propiciou unha desfeita
no marcador inicial de 01-10, a partires de iso as locais recuperarían
parcialmente o seu xogo, e produciuse un intercambio de puntos no que as
visitantes navegaron comodamente ata o 13-25.
O equipo senior na recepción |
No segundo
parcial as nosas reaccionarían e mostraron unha boa imaxe, con un xogo moi alegre,
e de calidade, lles serviu para ir mandando no marcador en 3 e 4 puntos ata o
tramo medio, no que as visitantes, con un maior oficio e experiencia, lograrían
igualar e distanciarse no tramo final ata un 18-25.
O terceiro set
foi un calco do segundo, moi bo xogo das de Boiro, que incluso lles permitiu
gozar de rendas mais grandes, chegando a ter un 15-09, que a partires de entón
foron recortando pouco a pouco, con paciencia e moi seguras de si mesmas as
visitantes, nestas trazas chegouse a unha igualada a 20 no tramo final, cando
as visitantes volveron a tirar de veteranía e oficio para anotarse o terceiro
parcial e pechar o partido con un 21-25.
Xogaron Celia Piñeiro, Carla Nine, Lara Costa, Rebeca Resúa, Lidia Pereiras e Sara Lojo, como líberos actuaron Esther Sánchez e Sandra Casstaño. Tamen xogaron Begoña Treus, Eva Regades e Silvia Súarez.
A vindeira semana
os nosos equipos desprázanse a San Sadurniño para disputar os seus respectivos
encontros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario