xoves, 16 de abril de 2015

PARTIDO DE VOLTA DA PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL.

O vindeiro Domingo 19 as nosas Xuvenís viaxarán pola tarde a Cidade de Ourense para afrontar o partido de volta da Promoción de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, co reto de poder remontar o resultado adverso do partido de ida por 1-3, que lles daría o billete para a final da promoción e loitar por unha das prazas dispoñibles entre as mellores de Galicia a vindeira tempada. A empresa non semella doada, pero tampouco é un imposible, se as rapazas son quen de mostrar a súa mellor versión.

DOMINGO 19 DE ABRIL AS 16:30 NO I.E.S. A CARBALLEIRA
DOMPA GESTIÓN – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO

O Club poñerá a disposición de todos aqueles que non se queiran perder o partido e animar as Xuvenís un Autobús. Hora de saída: Domingo as 13:30.


¡¡MOITA SORTE E A LOITAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario