xoves, 9 de abril de 2015

PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL.


CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – DOMPA GESTIÓN
1-3 (25-20/22-25/25-20/25-22)

A mala recepción impedíronlle as nosas Xuvenís o poder sumar a vitoria e tomar vantaxe nunha eliminatoria, que terá que afrontar o partido de volta da vindeira semana con un 1-3 en contra.
Comezaba o partido ante un numeroso público que se achegou a ver o partido o P.M. Barraña o Sábado pola tarde. Nos puntos iniciais as do Atlético  comezaron a mostrar debilidade na súa recepción, concedendo un parcial de 1-9, pero unha vez superada esa situación púidose comprobar que o equipo de Boiro era superior o Ourensán no que a xogo se refería, co cal a vantaxe inicial tomada polas visitantes foise contrarrestando a medida que avanzaba o set, ata chegar a igualada a 18, momento no que as locais se poñían por diante e cerraban o primeiro asalto sen problemas por 25-20.
A MALA RECEPCIÓN CONDEA AS XUVENÍS
O segundo parcial comezou coas Xuvenís moi motivadas e mandando no marcador dende o principio, realizando un xogo de calidade e desmantelando por completo as Ourensáns que se vían impotentes ante o xogo que as do Atlético realizaban, chegándose a un 19-14 a favor das locais, que facía inminente o 2-0 xa que ata ese momento estaban mostrando superioridade no xogo e o partido asemellaba controlado. Foi xusto nese momento, con todo a favor cando se derrubou o equipo, concedendo puntos fáciles o rival a causa de unha inoperante recepción, que fixo que o equipo se derrubara coma un Castelo de naipes, a pesares de dous tempos mortos e un cambio, para tratar de frear a reacción, pasouse da avantaxe antes mencionada a un 19-23 que as do Dompa non estragarían e convertían nun 22-25 que situaba a igualada a un no marcador, ante a incredubilidade do público, que vían como as locais inexplicablemente cedían un set que tiñan perfectamente controlado.
As do Atlético acusaron esa contrariedade e propicioulles un baixón de moral que fixo que os dous seguintes parciais fosen un calco, cedendo dende o principio avantaxes as visitantes a causa da mala recepción, que en canto se resarcían un pouco lograban achegarse e incluso igualar o marcador en varias ocasións, pero que novamente se votaban a perder coa recepción. Cedendo os seguintes parciais por 20-25 e 22-25. Pechaban un partido as do Dompa, no que para nada se mostraron superiores no que a xogo se refire, foi a desastrosa recepción das locais o que lles dou a vitoria.
Xogaron polo Atlético Boiro: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, LARA COSTA, REBECA RESÚA, EVA REGADES, SARA LOJO. Líberos: SANDRA CASTAÑO e ESTHER SANCHEZ. Tamén xogaron ANGELA ALVES E SILVIA SUAREZ.


O partido de volta terá lugar na cidade de Ourense o vindeiro 18 de Abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario