luns, 23 de novembro de 2015

RESULTADOS DA XORNADA NÚMERO 7

SEGUNDA DIVISIÓN AUTONÓMICA SENIOR

ZONA LIBRE VOLEIBOL SARRIA – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO
1-3 (15-25/ 26-24/ 15-25/ 11-25)

Para ver a clasificación e outros resultados da xornada, preme no seguinte enlace:

http://www.fgvb.es/competiciones.asp?v=18&torneo=1484



SEGUNDA DIVISIÓN AUTONÓMICA XUVENIL

C.V. SANTIAGO – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO
3-1 (25-14/ 23-25/ 25-17/ 25-18)

Clasificación e outros resultados:




SEGUNDA DIVISIÓN AUTONÓMICA INFANTIL

MANUELA RIAL MOUZO – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO
2-3 (25-12/ 25-23/ 18-25/ 20-25/ 13-15)

Clasificación e outros resultados:

xoves, 8 de outubro de 2015

COMEZAN AS LIGAS SÉNIOR E XUVENIL


Esta tempada comezan as nosas xogadoras mais cedo do habitual a competir nas respectivas Ligas, con estreo de formato, sendo a nova  denominacións en Sénior e Xuvenil de SEGUNDA DIVISIÓN AUTONÓMICA.
A competición Sénior consta de sete equipos nos que ademais das nosas están: ZONA LIBRE VOLEIBOL (de Sarria), As veciñas do FISIOTERAPIA CINESIA NOIA, O CALASANCIAS CORUÑA B, O BLACK VOLEY VIGO, ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO (Da zona de Ferrol Terra), E O XAV CAMBADOS.
Nesta primeira xornada as nosas xogadoras lles toca descansar, e realizarán a súa estrea a vindeira semana en Cambados.

No tocante as Xuvenís quedan encadradas nunha liga de nove equipos na que non hai unha clara favorita e se pode dar calquera resultado. As participantes ademais das nosas son:
O C.V. SANTIAGO, CONCEPCIÓN ARENAL (Ourense), AS veciñas do MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL RIANXO, CLUB VIGO VOLEIBOL, VAGALUME FERROL, AS MARIÑAS OLEIROS (Da zona de Coruña), XAV CAMBADOS e O C.V. XIRIA (de Carballo)

As nosas estréanse esta fin de semana no seguinte horario:

SABADO 10 de OUTUBRO AS 17:00 P.M. BARRAÑA

CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO - AS MARIÑAS OLEIROS



*Moita sorte as nosas Xuvenís

xoves, 21 de maio de 2015

TORNEO C.V.A.B- - CONCELLO DE BOIRO


O vindeiro Sábado 23 terá lugar no P.M. BARRAÑA un torneo de carácter amigable, na categoría de Cadete Feminina, No que participarán, ademais das nosas Cadetes os equipos de C.V. NOIA, C.V. ZALAETA e C.V. RIANXO.

O cometido de este torneo, non é outro que o poder pasar unha grata xornada, na compañía de outros equipos, practicando o noso deporte, e o mesmo tempo darlles minutos de xogo as nosas Cadetes para darlle continuidade a súa aprendizaxe.
O evento desenvolverase durante toda a xornada do Sábado e terá os seguintes horarios e enfrontamentos:




LIGUIÑA DE PARTIDOS A UN SO SET

P. Nº1
C.V.A.B.
C.V. ZALAETA
Pista 1      11:30-12:00
P.Nº2
C.V. RIANXO
C.V. NOIA
Pista 2      11:30-12:00




P.Nº3
C.V. RIANXO
C.V.A.B.
Pista 1     12:15-12:45
P.Nº4
C.V. ZALAETA
C.V. NOIA
Pista 2     12:15-12-45




P.Nº5
C.V. ZALAETA
C.V. RIANXO
Pista 1     13:00-13:30
P.Nº6
C.V.A.B.
C.V. NOIA
Pista 2     13:00-13:30


SEMIFINAIS POLA TARDE

SMF 1
1ª CLASIFICADAS
4ª CLASIFICADAS
Pista 1   16:30-17:00
SMF2
2ª CLASIFICADAS
3ª CLASIFICADAS
Pista 2   16:30-17:00


FINAL E 3º-4º POSTO (PARTIDOS O MELLOR DE 3 SETS)

FINAL
GAÑADORAS SM1
GAÑADORAS SM2
Pista 1    17:30-18:30
3º e 4º
PERDEDORAS SM1
PERDEDORAS SM2
Pista 2    17:30-18:30


O REMATAR PROCEDERASE A ENTREGA DE TROFEOS



xoves, 16 de abril de 2015

PARTIDO DE VOLTA DA PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL.

O vindeiro Domingo 19 as nosas Xuvenís viaxarán pola tarde a Cidade de Ourense para afrontar o partido de volta da Promoción de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, co reto de poder remontar o resultado adverso do partido de ida por 1-3, que lles daría o billete para a final da promoción e loitar por unha das prazas dispoñibles entre as mellores de Galicia a vindeira tempada. A empresa non semella doada, pero tampouco é un imposible, se as rapazas son quen de mostrar a súa mellor versión.

DOMINGO 19 DE ABRIL AS 16:30 NO I.E.S. A CARBALLEIRA
DOMPA GESTIÓN – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO

O Club poñerá a disposición de todos aqueles que non se queiran perder o partido e animar as Xuvenís un Autobús. Hora de saída: Domingo as 13:30.


¡¡MOITA SORTE E A LOITAR!!

xoves, 9 de abril de 2015

PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL.


CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – DOMPA GESTIÓN
1-3 (25-20/22-25/25-20/25-22)

A mala recepción impedíronlle as nosas Xuvenís o poder sumar a vitoria e tomar vantaxe nunha eliminatoria, que terá que afrontar o partido de volta da vindeira semana con un 1-3 en contra.
Comezaba o partido ante un numeroso público que se achegou a ver o partido o P.M. Barraña o Sábado pola tarde. Nos puntos iniciais as do Atlético  comezaron a mostrar debilidade na súa recepción, concedendo un parcial de 1-9, pero unha vez superada esa situación púidose comprobar que o equipo de Boiro era superior o Ourensán no que a xogo se refería, co cal a vantaxe inicial tomada polas visitantes foise contrarrestando a medida que avanzaba o set, ata chegar a igualada a 18, momento no que as locais se poñían por diante e cerraban o primeiro asalto sen problemas por 25-20.
A MALA RECEPCIÓN CONDEA AS XUVENÍS
O segundo parcial comezou coas Xuvenís moi motivadas e mandando no marcador dende o principio, realizando un xogo de calidade e desmantelando por completo as Ourensáns que se vían impotentes ante o xogo que as do Atlético realizaban, chegándose a un 19-14 a favor das locais, que facía inminente o 2-0 xa que ata ese momento estaban mostrando superioridade no xogo e o partido asemellaba controlado. Foi xusto nese momento, con todo a favor cando se derrubou o equipo, concedendo puntos fáciles o rival a causa de unha inoperante recepción, que fixo que o equipo se derrubara coma un Castelo de naipes, a pesares de dous tempos mortos e un cambio, para tratar de frear a reacción, pasouse da avantaxe antes mencionada a un 19-23 que as do Dompa non estragarían e convertían nun 22-25 que situaba a igualada a un no marcador, ante a incredubilidade do público, que vían como as locais inexplicablemente cedían un set que tiñan perfectamente controlado.
As do Atlético acusaron esa contrariedade e propicioulles un baixón de moral que fixo que os dous seguintes parciais fosen un calco, cedendo dende o principio avantaxes as visitantes a causa da mala recepción, que en canto se resarcían un pouco lograban achegarse e incluso igualar o marcador en varias ocasións, pero que novamente se votaban a perder coa recepción. Cedendo os seguintes parciais por 20-25 e 22-25. Pechaban un partido as do Dompa, no que para nada se mostraron superiores no que a xogo se refire, foi a desastrosa recepción das locais o que lles dou a vitoria.
Xogaron polo Atlético Boiro: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, LARA COSTA, REBECA RESÚA, EVA REGADES, SARA LOJO. Líberos: SANDRA CASTAÑO e ESTHER SANCHEZ. Tamén xogaron ANGELA ALVES E SILVIA SUAREZ.


O partido de volta terá lugar na cidade de Ourense o vindeiro 18 de Abril.

venres, 3 de abril de 2015

PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL. SEMIFINAL

Despois de teren acadado o primeiro posto na Fase Inter Zonal, as nosas Xuvenís afrontan este Sábado día 04 de Abril no P.M. BARRAÑA o partido de ida da eliminatoria da Promoción de Ascenso a Liga Galega contra as últimas clasificadas da Liga Galega, o DOMPA GESTIÓN de Ourense.
Un enfrontamento dobre partido que decidirá que equipo pasará a eliminatoria  Final que dará unha praza para estar a vindeira tempada entre os dez mellores equipos de Galicia en categoría Xuvenil.

SABADO 04 AS 19:00 h. P.M. BARRAÑA

CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO – DOMPA GESTIÓN

O partido de volta terá lugar na Cidade das Burgas o día 18 de Abril.


MOITA SORTE AS NOSAS XUVENÍS NESTE INTENTO DE DAR OUTRO PASIÑO MAIS DE CARA O ASCENSO

luns, 23 de marzo de 2015


AS XUVENÍS LOGRAN O PASE DE INTER ZONAL COMO PRIMEIRAS E ESTÁN EN DISPOSICIÓN DE LOITAR POLA PRAZA DE ASCENSO A LIGA GALEGA

CONCEPCIÓN ARENAL BURGAS VOLEIBOL – CLUB VOLEIBOL ATLÉTICO BOIRO
0-3 (22-25/17-25/20-25)

Carla tirandose a por unha finta ante a atenta mirada das compañeiras

Vitoria en tres sets do equipo Xuvenil Feminino, que lles serve para clasificarse coma primeiras na Fase Inter Zonal e continuar pelexando polo ascenso de categoría. Nun partido moi ben levado, o disputado o pasado Sábado en Ourense diante do Concepción Arenal Burgas Voleibol, no que en ningún momento o equipo de Boiro foi por debaixo do marcador, maila que as Ourensáns ofreceron bastante resistencia, sobre todo no apartado defensivo.
As Xuvenís en un tempo morto
Os tres sets foron na práctica un calco, as do Atlético cobraban avantaxe dende o principio grazas os erros en ataque das locais, pola contra as nosa con un xogo mais ordenado, e tendo claro como competirlles, levaban a iniciativa con ataques controlados e apoiadas nunha defensa aceptable. Isto propiciaba que se viran xogadas longas dada a boa defensa-recepción das de Ourense, pero sen moitas ideas en ataque, acababan cometendo erros despois de puntos moi disputados.
Estas rendas que tomaban as de Boiro lles servía para chegar o tramo final coa suficiente vantaxe como para non pasaren apuros, pero a garra e o espírito de loita que mostraron as do Concepción Arenal, facíalles achegarse no marcador e axustaren os parciais, pero aínda así non foi suficiente. Cedendo o primeiro por 22-25 e o segundo por 17-25.
Ángela en Recepción
No terceiro set o adestrador de Boiro, sabendo que xa estaban clasificadas polo feito de teren gañado os dous primeiros parciais, decidiu premiar con xogo as xogadoras que foran suplentes, que en todo momento mostraran unha boa actitude animando as titulares. O equipo non acusou estes cambios e puido asinar o terceiro set por 20-25 e gañar o partido pola vía curta 0-3

XOGARON POLO ATLÉTICO BOIRO: CELIA PIÑEIRO, CARLA NINE, LARA COSTA, REBECA RESÚA, EVA REGADES, SARA LOJO. Líberos: SANDRA CASTAÑO e  ESTHER SÁNCHEZ. Tamén xogaron, ANGELA ALVES, SILVIA SUÁREZ e CLAUDIA GÓMEZ.
O equipo Xuvenil agora terá que superar dúas eliminatorias que se antollan complicadísimas contra equipos de Liga Galega, para acadar un ascenso que este ano está mais caro ca nunca dado a nova Normativa aprobada pola Federación Galega de Voleibol que acurta para a vindeira tempada a Liga Galega a dez equipos, en vez dos doce que había ata este ano.

A primeira pedra no camiño será outro equipo Ourensán, o DOMPA GESTIÓN, que se medirán coas nosas nunha eliminatoria a dobre partido, sendo o de ida no P.M. BARRAÑA o 11 de Abril e o de volta en Ourense para a seguinte semana.